O Concello de Cervo ten aberto o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais de adultos cun estrito protocolo de seguridade e limite de aforo motivado polo COVID-19.
O edil de Deportes, David Rodríguez, en coordinación coa persoa encargada de impartir as sesións, Belinda Fra, deseñou un protocolo para afrontar este novo curso de carácter excepcional “que arrincaremos o 1 de outubro con ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba”; tanto no Ecomuseo de Cervo como na Casa da Cultura en San Ciprián.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación; tamén se poden descargar no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/1NDDDjU5szYTSxHGMmTV7nPn4sp0POS3v/view?f...
Para que as clases se leven a cabo, o número mínimo de persoas usuarias inscritas deberá ser igual ou superior a cinco.
Desde o Concello recordan que o uso da máscara será obrigatorio en todo momento; así como desinfectar o material utilizado unha vez rematado o exercicio.