Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de ciencia cidadá "1m2 polas praias e os mares".
Trátase dun proxecto que se desenvolverá en ata 115 puntos costeiros e fondos mariños entre o 26 de setembro e o 4 de outubro co obxectivo de obter datos sobre a "basuraleza" que inunda a costa española.
O proxecto Libera chega a Cervo o 1 de outubro ás 17:00 horas. O punto de encontró será na praia da Caosa, onde dará comezo unha limpeza das praias ao mesmo tempo que se recollerán datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais. A actuación será tamén no areal de Portelo.
Subministrarase no punto de encontro todo o material necesario para levar a cabo a actividade. Seguiranse rigorosamente todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.