O Concello de Cervo organiza unha charla sobre vida saudable o 4 de febreiro

O martes 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro e o Concello de Cervo, en colaboración coa asociación de Xubilados Terramar, convida a toda a veciñanza a participar ese día nunha charla sobre vida saudable e alimentación baixo o título A alimentación como factor protector fronte ao cancro, que impartirá a nutricionista Cristina Rodil.

Será ás 16:30 horas no local social de Terramar, na Casa do Mar, en San Ciprián. A continuación as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación saudable.

Esta actividade foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; a concelleira, Mali Méndez; e o presidente de Terramar, José Luis Sariego, no local da asociación.