Carreira
A Federación Galega de Atletismo organizará o sábado 26 de agosto en Lourenzá os campionatos Xunta de Galicia de milla en ruta absoluto e das categorías sub 18, sub 20, sub 23 e máster e os de un quilómetro en ruta das categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16.
A inscrición popular pode facerse na web www.carreirasgalegas.com.
Este evento deportivo conta co patrocinio do Concello de Lourenzá e a colaboración do club Escolas Deportivas Lourenzá.
A XIV edición da carreira popular Run Foz Run celebrarase o 13 de agosto en horario de mañá. Brinda a posibilidade de que toda a familia participe xa que conta con diversas categorías: carreira de Pícaros (200m), Benxamíns (800m), Alevíns (1000m), Infantís e Cadetes (1600m) e competición Absoluta (7000m). Tanto a saída como a meta será na Avenida da Ribeira, fronte ao Cenima/Casa de Mar de Foz.
A inscrición pode realizarse ata o 11 de agosto na páxina web www.sportmaniacs.com e os organizadores contan que os apuntados superan xa os 500. Así, prevén que sexa un evento moi concorrido debido a que se trata dunha das probas puntuables do circuíto de carreiras populares DUACODE-RUNFOZRUN.
Ademais, haberá unha andaina solidaria, sorteos, música e DJ e hasta un DanceFest. Os...
leer másViveiro acollerá o próximo mércores, 9 de agosto, a VII Carreira Popular de Viveiro #TODOSCONADRY, que servirá tamén de homenaxe a Adrián Ben.
No acto de presentación da carreira participaron o propio Adrián Ben; a alcaldesa, María Loureiro, e o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín.
O día 9 desde ás 20:00 horas na praza Maior, celebraranse as carreiras nas categorías Pitufos (2016 e posteriores); Sub10 (2014-2015); Sub12 (2012-2013); Sub16 (2008-2009); Sub14 (2010-2011), e Absoluta (2007 e anteriores...
leer másO vindeiro sábado, 29 de xullo, terá lugar a sétima edición da carreira Burela Bonita a partir das 19 horas. O percorrido será de 5 quilómetros e haberá premios para as categorías absoluta masculina e feminina, que consistirán en Trofeo e 100 euros para os primeiros, Trofeo e 50 euros para os segundos e Trofeo para os terceiros.
A recollida de dorsais terá lugar na Praza da Mariña o mesmo sábado entre as 11 e as 13 horas pola mañá e de 16 a 19 horas pola tarde. As categorías menores recolleranos a partir das sete da tarde na propia Praza da Mariña.
A carreira Burela Bonita ocasionará modificacións no tráfico rodado en Burela durante a xornada do sábado.
E o domingo disputarase a final do IX Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial de José Luis Yebra, que se está a disputar desde o...
leer másA presentación da novena edición da carreira “Benquerencia Terra Mar” foi realizada polos membros da Asociación Augas Santas Barreiros xunto con Daniel García, concelleiro de dinamización e deputado provincial e Manuel Otero, delegado provincial de deportes da Xunta de Galicia.
Esta carreira, organizada conxuntamente pola Asociación Augas Santas e o Concello de Barreiros, está incluída no circuíto +kmsBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal, sendo esta a súa cuarta proba da presente edición.
A cita do vindeiro 6 de agosto, ademais da carreira absoluta, contará con carreiras infantís.
A saída de tódalas categorías terá lugar en Benquerencia, na transversal entre Rúa de Lugo e a Rúa do Pinar (mesmo lugar que a edición...
leer másO Concello de Cervo será o próximo sábado o escenario da I Carreira de Andadura que se celebrará na pista ecuestre recentemente construída na zona da Bidueira.
A competición, que arrincará ás 10:30 horas pola mañá, e ás 16:00 horas pola tarde, foi presentada nas novas instalacións polos edís de Zona Rural e Deportes, Adrían Arias e David Rodríguez, respectivamente, e por unha representación da asociación Cabaleiros da Bidueira, que organiza a cita cabalar xunto á administración local.
A competición arrincará ás 10:30 horas, e irán sucedéndose as carreiras nas diferentes categorías (sub 16, serrada +1,50, serrada -1,50, chapeada +1,50, chapeada -1,50, serrada-marcha do país, chapeada-marcha do país); establécense un mínimo de catro partcipantes por categoría e haberá case 2000 euros en premios, ademais de trofeos e medallas....
A presentación da novena edición da carreira 1/2 km Vertical Monte Comado foi realizada polos membros da Asociación Praias de Comado xunto con Daniel Gacía, concelleiro de dinamización e deputado provincial e Manuel Otero, delegado provincial de deportes da Xunta de Galicia.
Esta carreira, organizada conxuntamente por dita asociación máis o Concello de Barreiros está incluída no circuito +kmBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal, sendo esta a súa terceira proba da presente edición. A cita do vindeiro 22 de xullo, ademáis da Carreira 1/2 km vertical, contará con carreiras infantís e unha andaina.
A saída da carreira vertical será ás 11h dende a praia de Arealonga, tendo a meta situada no cumio de Monte Comado. En pouco máis de 3,5 kms os...
leer másO vindeiro 29 de xullo terá lugar a sétima edición da carreira Burela Bonita a partir das 19 horas. O evento foi presentado hoxe pola alcaldesa, Carmela López, e polos concelleiros de Mocidade e Deportes, Mario Pillado e Carlos Méndez.
O percorrido será de 5 quilómetros e haberá premios para as categorías absoluta masculina e feminina, que consistirán en Trofeo e 100 euros para os primeiros, Trofeo e 50 euros para os segundos e Trofeo para os terceiros.
As inscricións poden realizarse en www.sportmaniacs.com O edil de Deportes contou que “os participantes nas categorías absolutas que se inscriban ata o 23 de xullo pagarán unha cota de 8 euros e os que o fagan do 24 ao 27 de xullo abonarán 10 euros. Para as categorías menores os que se anoten ata o 23 deste mes poderán...
leer másA V Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que terá lugar o 19 de agosto, foi presentada esta mañá no salón de plenos do Concello.
Na quenda de intervencións o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, declarou: “quero aproveitar para darlle a benvida a todos eses deportistas deses clubs que nos van acompañar. Moitas grazas a todos os patrocinadores e colaboradores, en especial ao Concello de Ribadeo, e, por suposto, ao organizador, o Club Atletismo Ribadeo, que xa é todo un referente non só no ámbito provincial senón tamén no autonómico, tanto no apartado deportivo como no de organización. É rara a semana que non lles mande uns parabéns, o que é bo sinal”.
Otero animou aos asistentes a gozar da riqueza cultural e gastronómica de Ribadeo: “a todos os que nos acompañen a disfrutar do atletismo e da carreira e a...
leer másEsta mañá presentouse no CENIMA (Foz) a quinta edición do 15K da Mariña Banco Mediolanum, que se desenvolve este domingo entre Foz e Burela nun circuíto totalmente costeiro.
Nela participaron o alcalde e a concelleira de Deportes de Foz, Francisco Cajoto e Gema Méndez, o alcalde e o concelleiro de deportes de Burela, Alfredo Llano e Ramiro Fernández, así como diferentes FamilyBankers do Banco Mediolanum e Serafín Martinez, director do evento.
Serafín Martínez, indicou que ademais da xa tradicional Andaina, este ano incorpórase como novidade a posibilidade de inscribirse na distancia de 5 kms para aqueles participantes que decidan optar por un percorrido menos esixente.
A saída da carreira de 15K terá lugar o domingo 11 de xuño ás 11:00 horas dende a praia de Llas para rematar no concello...
leer más