Medela

Etiquetas:
26/02/2015
Récord de participación na VI Ruta Medela MTB con 200 inscritos e un percorrido con novidades. A cita terá lugar o 1 de marzo.
 
O Concello de Cervo e o Club Medela MTB presentaron esta mañá o cartel e o programa da VI Ruta Medela MTB. Un acto ao que asistiron o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, así como Victor Riera, Marcos Fernández e Abel Ordás, representantes da organización.
Unha ruta que este ano inclúe novidades destacables. Por unha banda cabe destacar o importante incremento no número de inscritos, que chega aos 200, un récord nos seis anos de celebración deste evento. Uns participantes que chegarán ao concello dende distintos puntos de Galicia, Asturias e León.   
Ademais, nesta edición a organización fixo certos cambios no percorrido, incluíndo dúas novas baixadas que están xerando moita expectación entre os participantes...
leer más