Carreira
17/03/2015
O vindeiro 27 de marzo terá lugar en Burela a IV Carreira Solidaria Pon a túa gota. Gotas para Níxer, que organiza o Centro de Educación Medioambiental Gaia e o Concello coa colaboración de Unicef.
Desde Gaia lembran que “cada ano, en datas próxima do día da auga (22 de marzo) organízanse carreiras solidarias co obxectivo de apoiar os programas de supervivencia infantil en Níxer”. Este é o cuarto ano que se organiza esta carreira en Burela “para recadar fondos co lema neste ano Pon a túa gota. Auga nas escolas. O obxectivo deste 2015 é levar auga potable a 30 escolas nixerianas”. Todos os participantes entregarán un euro a cambio dun dorsal.
O percorrido será o seguinte: saída da escola infantil, sendeiro ao son da variante, cruce...
leer más