Trimestre

Etiquetas:
19/01/2024

Teatro afeccionado, actividades para a picaraxada, música ou charlas conformar a axenda cultural de Ribadeo para o primeiro trimestre de 2024, que foi presentada pola concelleira Begoña Sanjurjo.

A edil de Cultura contou que “comezamos a presentación desta programación trimestral, que xa tivo como saben neste mes varios eventos vinculados á época de Nadal, inmersas nunha proposta da Área de Igualdade que ten tamén un cariz cultural. Hoxe mesmo, na Casa do Viejo Pancho, o público xeral terá ocasión de ver o documental Chicas nuevas 24 horas, un traballo audiovisual de Mabel Lozano, que analiza o tema da trata de mulleres. E este domingo comezamos a programación de teatro afeccionado cunha obra que estaba prevista para a Mostra de Teatro Daniel Cortezón e que daquela tivo que adiarse. Sempre é un pracer para o público ribadense...

leer más
Etiquetas:
24/01/2023

O Concello de Viveiro xa ten lista a programación cultural para o Teatro Pastor Díaz nos meses de febreiro, marzo e abril, cunha oferta variada de música, danza e teatro para todas as idades. 

No vindeiro mes subirá ao escenario do Pastor Díaz a compañía Chévere, que co seu espectáculo ‘Nevermore (A Caixa negra do Prestige)’ reconstrúe a catástrofe ecolóxica que viviu Galicia hai dúas décadas e a conecta coa pandemia. Tamén Titzina Teatro presenta en Viveiro ‘Búho’, unha peza que se mergulla no concepto da identidade. 

En marzo será a quenda de ‘A música das beguinas’ co folk tradicional de Mamá Cabra e Bellón Maceiras e dunha dobre cita co teatro da man, primeiro, de Culturactiva, que representará ‘As alumnas’, e despois do Teatro Andazas que porá en escena ‘Baile de huesos’. 

En abril o...

leer más
Etiquetas:
02/01/2020

A axenda cultural do primeiro trimestre do novo ano en Ribadeo arrinca este venres, 3 de xaneiro, coa presentación dunha publicación manga e o sábado Lila Teatro presentará O cachopo máxico para o público familiar ás 17:30 horas no Teatro. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que seguirá o ciclo de música nas parroquias; haberá concertos con Habeles Hainas, De Vacas ou Davide Salvado e Fransy González; haberá teatro para xs nenxs e para adultos con Sarabela Teatro ou Os Quinquilláns. E ata Ribadeo chegará o actor e humorista galego Carlos Blanco. 
Otero Cabarcos dixo que “comezamos o ano  con moita  ilusión e forza. Desta volta inauguramos a nosa programación cultural cunha presentación dunha publicación manga da man de dúas artistas moi novas, Ran e Kurohaine, este venres, día 3, ás 20:30, na Casa do Mar. E como nestas datas a cativada é a...

leer más