Nas festas patronais de Burela 2025 actuarán nove orquestras do 30 de maio ao 2 de xuño

A comisión organizadora das festas patronais de Burela, que se celebrarán do 30 de maio ao 2 de xuño, anuncia que contarán coa actuación de nove orquestras: Panorama, El Combo Dominicano, La Fórmula, Cinema, Ritmo Joven, Cayenna, América, Solara, Pontevedra.

O venres 30 de maio haberá verbena desde as 23:00 horas con La Fórmula e Cinema.

O sábado 31 de maio terá lugar unha sesión vermú ás 14:00 horas e verbena a partir das 23:00 horas. Actuarán Ritmo Joven e América.

O domingo 1 de xuño tamén haberá sesión vermú ás 14:00 horas e verbena desde as 23:00 horas. As orquestras dese día son Solara e El Combo Dominicano.

E o luns 2 de xuño tamén haberá sesión vermú ás 14:00 horas e verbena a partir das 23 horas. Actuarán Pontevedra, Cayenna e Panorama.

Ademais a comisión organizadora dos festexos patronais de Burela anuncia que desde este martes, 25 de marzo, comezarán a visitar os comercios e empresas locais para pedir a súa colaboración e “todos os que colaboren recibirán un cartel especial de Eu colaboro coas festas de Burela, un xeito de visibilizar o apoio e de formar parte dunha celebración de todos e todas! Agradecemos ás entidades que van colaborar nesta recollida: As Encaixeiras, ACIA e Asociación de Hostalería de Burela

As festas de Burela son posibles grazas ao patrocinio económico público privado, sen esquecer a cantidade de persoas e colectivos que tamén achegan o seu tempo e esforzo de forma altruísta. Entre todos e todas sumamos! Grazas a todas as persoas, negocios e entidades que facedes posible que Burela brille”.