Pintura afeccionada

23/12/2014
A III Mostra de Pintura Afeccionada de Ribadeo estará aberta ata o 11 de xaneiro na Oficina de Turismo. Nela expóñense cadros de 15 pintores non profesionais.

 

Esta tarde inaugurouse na Oficina Municipal de Información Turística de Ribadeo a III Mostra de Pintura Afeccionada. Nela participan quince pintores non profesionais, que expoñerán dende hoxe e ata o 11 de xaneiro os seus óleos. A exposición pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 19:00 horas polas tardes. Este é o terceiro ano no que se celebra a mostra, despois de que en 2012 tivese lugar no Forte de San Damián e en 2013 na antiga Oficina de Turismo do concello. No acto de inauguración a concelleira de Cultura en Ribadeo, Mari Luz Álvarez

Lastra, explicou que "dende a Concellería de Cultura queremos potenciar a pintura dos pintores e pintoras afeccionados do noso concello. Ribadeo a nivel cultural é unha referencia e ao longo de todo o ano temos exposicións de pintores que xa son profesionais ou que están consagrados nesta arte....

leer más