Barreiros
O Concello de Barreiros pon en marcha un curso a distancia de debuxo e pintura dirixido ás nenas e nenos, mais tamén para persoas adultas, que será impartido polo acuarelista leonés Juan Ramón Alves.
A iniciativa partiu do propio artista, que ten vivenda en Barreiros, e que xa no verán pasado mostrara a súa obra no centro sociocultural barreirense. A proposta foi moi ben acollida polo executivo local, ao tratarse "dunha iniciativa de aprendizaxe e entretemento que nos fai chegar unha persoa con un alto coñecemento da técnica e que se presta a compartilo gratuitamente co conxunto da veciñanza."
"É un luxo poder contar coa colaboración totalmente desinteresada dunha persoa do nivel de Juan Ramón Alves para achegar as técnicas de debuxo e pintura ás veciñas e veciños", sinala a alcaldesa. Para Ana Ermida, este tipo...
leer másDesde a asociación sinalan: as persoas que formamos parte da asociación de Hostelería de Barreiros quixemos lanzar unha mensaxe de ánimo e esperanza á veciñanza e amizade, nestes momentos tan incertos. Compartímolo nas nosas redes onde está a ter moi boa acollida”.
https://www.facebook.com/1343620929116272/posts/2001634879981537/?vh=e&d=n
O Concello de Barreiros organiza un programa de actividades de Entroido que darán comezo o domingo, 23 de febreiro, cunha festa de disfraces e os días 24 e 26 con obradoiros, dentro do GastroEntroido infantil.
A festa do día 23 terá lugar no centro sociocultural a partir das 18:00 horas. Haberá un concurso de repostería de Entroido e a recollida de doces farase ata as 18:30 horas, un desfile de disfraces infantil, a actuación O Capitán Garfo: cociñando música, entrega de premios aos mellores disfraces e degustación dos doces presentados a concurso.
O día 24 no CEIP San Cosme de Barreiros de 10:00 a 13:00 horas haberá o obradoiro Cociñando o Entroido con confección de disfraces de reciclaxe. Será necesaria a inscrición previa e o número de prazas é limitado.
O día 26 de 10:00 a 13:00...
leer másA Asociación Cultural Irmandade Santo Estevo, de Barreiros, e Mariña Patrimonio, en colaboración co Concello de Barreiros e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, organizan o próximo venres, 14 de febreiro, a conferencia “Santo Estevo do Ermo. Unha xeografía mítica e sagrada”.
A charla será impartida polo antropólogo Rafael Quintiá e terá lugar ás 20.00 horas no Centro Social de San Cosme de Barreiros.
O CF Celta e Os Macanudos de Barreiros organizan a III edición da Festa do Cocido, que se celebrará este domingo, 2 de febreiro, ás 14:00 horas no polideportivo de San Cosme.
O menú estará composto de sopa de cocido, cocido, postre, viño, auga, refrescos, pan, café e chupito. O prezo será 20 euros para os adultos e 12€ para os nen@s (ata 10 anos).
O xantar será servido polo catering Chao dos Navais.
A venda de tíckets é na cafetería do centro social e Bar Miranda. As persoas interesadas poden facer as reservas nos números de teléfono 659 392 666 e 609 575 536 ata o 28 de xaneiro.
Haberá sorteo de regalos e o baile estará amenizado polo Dúo Estrellas.
O Concello de Barreiros colabora coa organización deste evento.
O Seminario de Estudos Os Espigueiros organiza un parladoiro sobre Barriga Verde este sábado, 25 de xaneiro, ás 16:30 horas, nos Colexios Vellos de San Miguel.
O parladoiro sobre este personaxe moi querido pola cultura galega correrá a cargo da actriz Comba Campoi.
A Comisión de Festas de Vilamar organiza a X edición da Festa dos Callos que se celebrará este sábado, 18 de xaneiro.
Esta cita gastronómica dará comezo ás 21:30 horas. Terá lugar no campo da festa e desenvolverase nun local pechado con calefacción.
O menú estará composto por callos, elaborados por Azucena, costela asada con pementos e patacas, postre, viño, auga, refrescos, café e chupito. O prezo será 23 euros por persoa, e 10 euros para nen@s de 6 a 12 anos. A festa estará amenizada polo grupo Lecer.
Patrocinan este evento: Xunta de Galicia, Xacobeo 2021 e Concello de Barreiros.
A Coral Polifónica de Barreiros organiza o Concerto de Nadal que se celebrará este domingo, 29 de decembro. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 18:00 horas.
Actuarán a Coral Eo de Vegadeo, a Coral Lunch de Lugo e a Coral Polifónica de Barreiros.
O Concello de Barreiros colabora coa organización deste concerto.
A Rede Museística Provincial inaugurou o ciclo “Culturas en diálogo - Somos migrantes, abrimos camiños”, un programa de actividades que reflexiona sobre a pegada económica, social e cultural dos movementos migratorios a través de exposicións, relatorios, proxeccións e obradoiros que se desenvolverán ata o vindeiro 12 de xaneiro nos catro museos provinciais e noutros espazos culturais.
O Museo Provincial de Lugo abriu o programa coa inauguración da mostra fotográfica “Diálogo Azul” e a proxección das pezas documentais “Microhistorias de ida e volta” cos testemuños de mulleres que viviron en primeira persoa experiencias migratorias, recollidas pola Asociación de Rioplatenses en Lugo.
No marco deste ciclo cultural, coincidindo co Día Mundial das Migracións -18 de decembro-, abriuse nas antigas escolas habaneras de...
leer más