Horta
Coa Festa da Horta o vindeiro 13 de outubro rematarán en Ribadeo os Mercados dos Domingos deste 2024
Haberá obradoiros para adultos e nen@s, exposicións, degustacións, tapas especiais nos bares da contorna da praza de abastos e música.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, dixo que “o vindeiro domingo, 13 de outubro, terá lugar a Festa da Horta, unha cita que servirá como colofón do Mercado dos Domingos deste ano. A xornada estará dedicada aos produtos de tempada e proximidade”.
A edil ribadense contou que “durante a festa o público poderá disfrutar de diferentes actividades como unha degustación de zume de mazá recén prensada ou visitar a carpa Experiencias de Calidade da man de AGACAL (Axencia Galega de Calidade Alimentaria) con degustacións de produto galego. Tamén haberá unha mostra de diferentes produtos da horta e a exposición Alimentos con Superpoderes, que sensibiliza dos beneficios da...
leer másA Área de Desenvolvemento Local organiza a 18 Festa dxs Produtorxs da Horta que se celebrará o 10 de outubro e coa que rematarán por este ano os Mercados dos Domingos. Haberá esfollada do millo, prensada e elaboración de zume de mazá, música e tapiñas elaboradas con produtos da horta nos bares da contorna.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, anunciou que “dende primeira hora deste domingo, 10 de outubro, van ter lugar as diferentes actividades programadas na contorna da praza de abastos para celebrar a festa dos produtores e das produtoras locais coa que se vai poñer punto e final, por este ano, ao Mercado dos Domingos”.
O edil ribadense relatou que “arredor das once e media dará comezo a esfollada do millo, un obradoiro de disfraces e bonecos tradicionais para os máis pequenos da casa e tamén...
leer másRibadeo prepárase para acoller este domingo, día 18, o día do produto local cunha mañá chea de actividades na contorna da Praza de Abastos.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “arredor das 11.30 terá lugar a presentación da estratexia participativa EO Alimenta, patrocinada pola fundación Daniel&NinaCarasso, coordinada pola Universidade de Santiago e que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e doutros da contorna. Preténdese con esta estratexia, chegar entre todas as persoas participantes a unha maior autonomía alimentaria a ambas beiras do Eo. As persoas produtoras locais, protagonistas desta estratexia, farán ademais unha mostra dos seus produtos e ofrecerán unha degustación ás persoas asistentes ao mercado”.
O edil ribadense dixo que “unha vez rematado ese acto Borja...
leer másA horta da comarca será a protagonista do 21 ao 23 de agosto da campaña #DegustaAMariña da FCAM. Os locais hostaleiros participantes ofrecerán tapas, racións ou pratos elaborados con produtos cultivados na terra mariñá.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, dixo que “esta vindeira fin de semana queremos render homenaxe á horta da Mariña e a todas e todos eses produtores que con tanto esmero labran as súas terras e coidan as súas producións. Na horta da Mariña podemos atopar, entre outras cousas, a exquisita faba de Lourenzá, os pementos de Piñeira, tomates, calabacín, pepino, leituga, xudías, repolos, zanahorias, cebolas, allos, fresas, arándanos… é unha produción moi variada e de temporada. Vaise renovando con cada estación”.
Paleo considera que “esta é unha boa ocasión para saborear os produtos que da a...
leer másO Concello de Ribadeo pon en marcha unha campaña para promover a venda directa dos produtos da horta e a súa entrega gratuíta nos domicilios das persoas interesadas no consumo local. Será mentres dure o confinamento, segundo explicou este mediodía o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso.
O edil contou que “o Concello, en colaboración coas persoas produtoras e labregas de Ribadeo inscritas no REAGA, ven de poñer en marcha unha campaña para promover a venda directa dos produtos da nosa horta e a súa entrega nos domicilios das persoas interesadas en consumir o noso produto local”.
Vizoso indicou que “as persoas consumidoras poderán ter as súas cestas de produtos de tempada e frescos na súa casa poñéndose en contacto coa produtora que elixa, que lle informará sobre a dispoñibilidade de cada produto e...
leer másO vindeiro domingo, 13 de outubro, terá lugar a XII Feira da Horta, nas inmediacións da praza de abastos de 9 a 14 horas. Con esta cita rematará a tempada estival do Mercado dos Domingos, que se ven celebrando desde principios do verán.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, lembra que “esta feira vense realizando anualmente con motivo do peche da tempada estival do Mercado dos Domingos. Está organizada polo Concello Ribadeo en colaboración coa asociación de produtores e produtoras da horta A Sucadoira “.
Vizoso subliña que “este evento ten coma obxectivo promocionar o consumo de proximidade e local, o apoio aos nosos produtores e a mellora da economía do noso concello”.
O edil ribadense conta que “a feira dará comezo as 9:00 horas na contorna da praza de abastos, onde...
leer másEste domingo, 14 de outubro, celebrarase en Ribadeo a Festa da Horta. Terá lugar nas inmediacións da praza de abastos, e haberá obradoiro de cestería, música, zume de mazá artesá, castañas asadas e degustación de produtos da horta local. Esta cita está organizada polo Concello de Ribadeo e a asociación A Sucadoira.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, explicou que “o vindeiro domingo, 14 de outubro, celébrase en Ribadeo a Feira da Horta, que xa vai pola décimo sexta edición, e que terá lugar na praza de abastos durante toda a mañá en horario de nove a dúas. Esta feira vense realizando anualmente con motivo do peche da tempada estival dos mercados dos domingos, que se celebra no mesmo sitio onde se ubica a feira, diante da praza de abastos. Está organizada polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación de...
leer másO Goberno local e a cadea de restauración Galipizza, que acaba de cumprir 25 anos, chegaron a un acordo de colaboración para incorporar nas súas referencias, a partir deste xoves, produtos da Horta de Mondoñedo. En concreto, este xoves 21 de xuño haberá unha edición especial na que todos os Galipizza de Galicia incorporan ao seu ‘Xoves de tapeo’ dúas novas referencias con alimentos da Horta de Mondoñedo; unha hamburguesa e unha pizza.
Unha delas será unha pizza de segredo de porco con verduriñas da Horta de Mondoñedo; e outra unha Galizbur de vaca cachena con produtos da Horta de Mondoñedo. Esta oferta inclúe berenxena, calabacín, tomate e leituga.
A colaboración estenderase ao longo de todo o ano e Galipizza irá sumando os diferentes produtos da horta segundo a temporada. Tamén se valorará, en función da...
leer másA Delegación de Medio Ambiente organiza un taller de horta familiar ecolóxica que terá lugar o 15 de maio. Desenvolveras na Praza de Abastos en horario de tarde da 16:00 á 20:00 horas.
O número de prazas é limitado a 20 alumn@s, e as persoas interesadas poden inscribirse na oficina de Medio Ambiente ou no teléfono 982 580 867.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben, anima a participar neste taller no que “terán prioridade os veciños e veciñas de Burela”.
A edil burelesa salienta que “o obxectivo é presentar os primeiros pasos para crear ou transformar unha pequena horta ecolóxica destinada ao autoconsumo así como a resolver as inquedanzas máis habituais”.
Este taller será coordinado polo espazo agroecolóxico A Estruga e impartido polo...
leer másO 24 de setembro terá lugar a XV Feira da Horta, que organizan o Concello e a asociación de produtores e produtoras A Sucadoira e coa que conclúen os mercados dos domingos que se viñeron celebrando durante a época estival. Haberá, ademais de venda de produtos da horta, obradoiros e música. A cita foi presentada esta mañá nas inmediacións da praza de abastos.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, contou que “este domingo, 24 de setembro, dende as nove da mañá ata as dúas da tarde, como cada ano e xa van 15 edicións, vamos celebrar a Feira da Horta de Ribadeo, que está organizada polo Concello e pola asociación de produtores e produtoras A Sucadoira”.
A edil ribadense explicou que “esta feira cada ano pon peche á tempada estival, ao mercado dos domingos que dende xuño ata setembro se dispón na parte...
leer más