Torreznos
De torreznos e chiquitos por Ribadeo é a nova xornada gastronómica de Acisa para despedir o mes de novembro. Está organizada pola asociación en colaboración con Asoporcel, Celtagal e Azpilicueta. Nesta actividade participan 19 establecementos asociados a Acisa.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “do 29 de novembro ao 1 de decembro terá lugar De torreznos e chiquitos por Ribadeo, unha cita gastronómica na que participarán 19 locais hostaleiros asociados a Acisa, que van ofrecer algo moi tradicional e apetecible, un combinado de tapa de torreznos de porco celta e un chiquito de viño. Grazas á colaboración de Asoporcel e Celtagal puidemos desde Acisa organizar esta nova xornada. Celtagal facilítanos de forma gratuíta preto de 35 quilos de touciño de porco celta, que imos distribuír entre os locais participantes”,
... leer más