Barreiros

Etiquetas:
01/08/2019

O vindeiro luns, 5 de agosto, dará comezo na praia da Pasada de San Miguel de Reinante o curso infantil de volei-praia que o Colectivo Cultural Ollomao ofrece, de forma gratuíta, para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. Serán 5 sesións de dúas horas de duración, desde as 11,30 até as 13,30, e poderase asistir a calquera delas, independentemente de ter participado ou non nas anteriores. Así, o curso como tal darase por rematado o venres 9 de agosto e terá como broche final a disputa, nesa mesma fin de semana, do I Torneo Infantil Praia da Pasada (sábado 10) e do XVI Torneo (sénior) Praia da Pasada (domingo 11), ambos abertos á participación de calquera persoa interesada.

O volei-praia ten sido, nos últimos 30 anos, unha actividade representativa da praia da Pasada, exercendo como axente dinamizador e...

leer más
01/08/2019

Trailer da curta documental Eido Dourado: http://intruso.eu/eidodourado.html 
Logo do peche do espazo privado de arte ‘Eido Dourado’, verá a luz o traballo documental co mesmo título, que rende homenaxe “á persoa é á obra” do pintor mariñán Celso Dourado. 

A estrea de Eido Dourado é unha celebración da creatividade e a vida, na que se dan cita as voces de persoas que o coñecen para falar da persoa e do artista. O filme conta con imaxes inéditas gravadas ao longo de varios anos. Pero, sobre todo, é o esbozo dun creador único, no que sobresae a propia voz de Celso para amosarnos que non existe maior tesouro na existencia que atopar un lugar, o verdadeiro fogar dun mesmo, e habitalo.

A curta documental dirixida por Martín G. Rodil serve asemade como homenaxe ao...

leer más
Etiquetas:
24/07/2019

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acollerá unha actividade de dinamización lingüística, que terá lugar este sábado, 27 de xullo, ás 12:00 horas.

Estará protagonizada por Os Bolechas e leva por título "Somos unha gran familia". Trátase dunha actividade participativa dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e ás súas familias. A través do teatro e do xogo, os rapaces e rapazas coñecerán o léxico referido ás relacións de parentesco.

Incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021.

 

Etiquetas:
16/07/2019

Os magos Manuel Lamas e Owy presentarán o espectáculo Nada é imposible o venres, 19 de xullo, ás 12:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros.

Dirixido ao público familiar conta historias nas que mesturan efectos máxicos e humor ao tempo que interactúan cos espectadores.

A entrada será gratuíta ata completar aforo.

Organizan o Concello de Barreiros e a Xunta a través do programa Cultura no Camiño.

Etiquetas:
13/06/2019

Odaiko presentará o espectáculo Cousas de Catro o vindeiro 18 de xuño en Barreiros. 

A cita, incluída no programa Cultura no Camiño 2019 da Xunta de Galicia, correrá a cargo da formación artística Odaiko que presentará o espectáculo teatral-musical dirixido a toda a familia, especialmente para nen@s de 3 a 11 anos de idade, titulado Cousas de catro. Terán prioridade, ata completar aforo, os/as alumn@s dos colexios de Barreiros.

Trátase dun musical narrado e escenificado por percusionistas. Xunto con instrumentos do mundo da percusión contemporánea, Sergio Sande, Antonio Ocampo, Juan Collazo e Pepe Varela mesturan a creación, referencias humorísticas, artísticas e tradicionais, máis o efecto sorpresa, destacando sempre a importancia do traballo en equipo.

O espectáculo terá lugar o...

leer más
20/05/2019

O pavillón polideportivo de San Cosme acolleu esta tarde a presentación do equipo de fútbol sala feminino Praias de Barreiros, que xogará a vindeira tempada na liga provincial. O acto contou coa presenza da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e do alcalde barreirense, Alfonso Fuente. 

Despois de presentarlles ao equipo chegou a quenda de discursos.  Na súa intervención Susana López Abella dixo: “como secretaria xeral de Igualdade estou moi contenta de que me convidarades a vir xunto co vicepresidente da Xunta, de quen depende a Secretaría Xeral de Igualdade, para darvos apoio de todo tipo, moito ánimo e noraboa. Seguro que vamos ter moitas alegrías, con moitos esforzos, non vai ser un camiño de rosas, xa o sabedes vós, sobre...

leer más
07/05/2019

O grupo de teatro Axouxeres actuará en Barreiros o domingo, 12 de maio.

Axouxeres porá en escena Un divorcio no pobo, trátase dunha obra cómico-costumbrista apta para todos os públicos.

A función terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:30 horas.

A representación está organizada polo Concello de Barreiros, a través da súa Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

 

Etiquetas:
23/04/2019

A Concellería de Cultura organiza unha excursión a San Andrés de Teixido, que terá lugar o 14 de maio.

Esta viaxe é gratuíta e inclúe comida e baile en Cedeira. As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no centro sociocultural, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas. 

A viaxe é gratuíta. 

 

Etiquetas:
10/04/2019

A directiva do C.F. Celta Barreiros invita a socios e afeccionados a asistir o vindeiro domingo, 14 de abril, ao partido que o enfrontará ao AD Matela, na fase de ascenso a segunda rexional. O equipo barreirense gañou 2-0 na casa, “entón imos con moita ilusión o domingo a ver este encontro e queremos que moitos socios, socias e afeccionados en xeral nos acompañen”, sinalan desde a propia directiva. 

Haberá autobús e entrada de balde para todas as persoas que se animen a viaxar o vindeiro domingo co Celta Barreiros. O bus sairá ás tres da tarde das inmediacións do restaurante O Asador, na Cruz do Lobo. 

 

Etiquetas:
26/03/2019

O grupo Cantar delas actuará o vindeiro sábado, 30 de marzo, no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros, ás 19:00 horas.

Neste concerto, enmarcado nos actos de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, Cantar Delas fará un percorrido pola música dende o século XIII ata o XX. Cada letra irá precedida dunha presentación de personaxes femininas que forman parte do imaxinario colectivo e están presentes nas nosas vidas, sen saber en moitos casos quen foron e as razóns polas que pasaron á historia.

Cantar Delas quere dar a coñecer a esas mulleres, o seu papel no cuestionamento da orde social, na loita contra as inxustizas, os motivos polos que foron perseguidas nuns casos, vilipendiadas ou incomprendidas noutros. Deste xeito reivindica ás mulleres que abriron camiño ao longo dos séculos e que...

leer más