Alfoz
A asociación cultural xuvenil O Castelo organiza as festas do San Xoán en Alfoz na noite do 23 de xuño.
A partir das 21:00 horas, no campo da festa de San Pedro de Mor, comezará a cea composta por sardiñas, touciño, chourizo e pan. Os prezos serán populares e de balde para os socios.
A festa estará amenizada por Discoteca Móbil Pisando Pista.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.
Miña casa, meu lar é o título dos contacontos de medio ambiente que contará Caxoto o domingo 22 de maio ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz. Ao remate farase a entrega dos premios do concurso de narración e debuxo das Letras Galegas da Biblioteca Municipal.
Caxoto é un experto en xestión de residuos: un barrendeiro municipal. A pesar de que parece un traballo rutinario e aburrido as beirarrúas están cheas de sorpresas e aventuras. A través das súas experiencias aprenderanse as claves para protexer o noso medio ambiente pero con moito humor.
Este espectáculo está subvencionado a través do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
A Asociación de Veciños San Sebastián de Carballido organiza a Feira do Trece que se celebrará na parroquia de Carballido, en Alfoz, o 18 de xuño.
Ás 10:00 horas terá lugar a apertura da feira na que haberá postos de gando, maquinaria, artesanía e produtos da zona como cereixas. Ás 13:00 horas celebrarase a sesión vermú e un xantar con menú típico e ás 16:30 procederase á entrega de premios da feira e sorteo de agasallos.
Ás 18:00 horas terá lugar unha exhibición canina a cargo de Paco Lobo coa participación de campións e subcampións de Europa e de España. Ás 18:30 h. haberá unha mostra de adestramento canino caneduro e ás 21:00 horas volverá unha segunda exhibición canina de Paco Lobo. A xornada rematará cunha cea e verbena.
No concurso de gando haberá premios para o lote máis numeroso...
leer másA compositora e intérprete natural de Vilaronte (Foz) Ugia Pedreira presentará o seu novo disco e o seu debut en solitario, Segmento Cantábrico, en Alfoz o sábado 14 de maio. Será ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura, da man da Delegación de Cultura Municipal.
Segmento Cantábrico “contén un elegante equilibrio entre instrumentos máis orgánicos combinados coa música electrónica vintage, achegando un minipoemario baixo ou título Atalaia Norte. O álbum mestura spoken word, poesía e canción, e ten alma de folk progresivo, que aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano. En canto ás letras, hai poemas da propia artista, do pintor vigués e afincado en Londres Enrique Gavilanes, de Follas Novas, de Rosalía de Castro, da poeta laurentina Mariña Oural, de Carvalho Calero e Xela...
O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de elaboración de xabón con aceite doméstico usado. Será o venres 13 de maio ás 17:00 horas na Casa da Cultura (exterior e salón de actos).
As persoas interesadas poden informarse e inscribirse no teléfono 982.558. 001 (ext. 2) e no Concello de Alfoz. As prazas son limitadas.
O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa a súa obra Cousas de bares este sábado, 7 de maio, ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz.
A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre e nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados.
Esta actividade está subvencionada a través do Plan Único da Deputación de Lugo.
Continuando coas actividades programadas dende a Concellaría de Servizos Sociais de Alfoz para as persoas maiores, que o pasado 22 de abril acudiron ao obradoiro "Exercicio e ocio saudable na terceira idade" está previsto que as persoas participantes no Programa ActivaMENTE asistan este mes de maio a dúas novas actividades.
A primeira será a Charla sobre prevención e mellora da seguridade das persoas maiores, que terá lugar o 19 de maio ás 10:30 horas e nela abordaranse cuestións como os roubos, estafas, formas de maltrato, riscos no uso de internet e as novas tecnoloxías, etc. Encádrase no marco do Plan Maior de Seguridade da Secretaría do Estado de Seguridade e realízase en colaboración coa Dirección Xeral da Garda Civil.
A segunda será un Obradoiro de musicoterapia, previsto para o 27 de maio ás 16:30 horas, a...
leer másA Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca un concurso co gallo do Día das Letras Galegas. O certame terá dúas modalidades: unha de narrativa (relatos curtos) e outra de debuxo.
Na modalidade de narrativa os traballos deberán estar en lingua galega e a temática será libre. A de debuxo terá unha temática libre e as obras deberán estar feitas nunha cartolina tamaño DIN A4. Se ten algún tipo de texto deberá estar en galego.
Haberá catro categorías: ata 5 anos, de 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos, e de 12 a 16 anos. E entregaranse premios para os mellores traballos de cada modalidade e categoría.
O prazo de presentación das obras remata o día 20 de maio de 2022.
Os participantes deberán cubrir unha folla de inscrición para cada traballo que presenten e...
leer másO Concello de Alfoz, dentro das accións para fomentar o respecto e coidado ao medio ambiente, traballa para reducir os residuos en orixe ademais de xestionalos correctamente.
Desde o Concello sinalan que “acabamos tendo un montón de roupa que deixamos de usar por distintos motivos, podes depositala no contedor de téxtil (situado enfronte do Centro de Saúde) pero tamén podes darlle unha segunda oportunidade”.
E engaden: “aprende a reformala e transformala por completo. Os sábados (7, 14, 21 e 28) de maio, de 17:00h a 20:00h na Casa da Cultura temos un curso gratuÍto para aprender a reciclala. As prazas son limitadas. Información e inscrición: 982 558 001 (EXT 2)”
Un ano máis convócase o concurso de narración e debuxo da Letras Galegas 2022 co tema "O que pasa ao meu arredor". Ata o día 10 de maio poderanse entregar os traballos na Biblioteca Pública de Alfoz, das 3 categorías establecidas: categoría A ata 8 anos, categoría B de 9 a 11 anos e categoría C de 12 a 16 anos. Os premiados na fase local participarán no certame da Biblioteca Pública de Lugo.
Bases e inscrición: pincha no seguinte enlace para acceder
https://drive.google.com/.../16kC6wfA6qWOcS.../view...