Alfoz
A piscina municipal de Alfoz estará aberta do 1 de xullo ao 31 de agosto. Será de luns a domingo de xeito ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas. Segundo informan desde o Concello de Alfoz a entrada será libre e gratuíta.
Alfoz participa un ano máis en Atlántica Festival Internacional de Narración Oral os días 2 e 9 de xullo. É un dos 24 municipios nos que terán lugar actuacións do festival, un dos máis importantes da Península Ibérica, que leva unha década reunindo a todo tipo de públicos diante dunha tradición galega e, ao mesmo tempo tan internacional, coma os contos.
As actuacións serán no exterior do Castelo de Castro de Ouro, ás 20:30 horas, con acceso libre, gratuíto e dirixidas a público adulto.
O 2 de xullo: Santi Prego e Jorge de Arcos presentan “O teatro máis pequeno do mundo”.
Santi Prego é actor de teatro, cine e TV, titiriteiro e narrador oral a quen todos coñecemos polo seu traballo en series como Néboa, O sabor das margaridas, Rapa, etc. Comezou a contar a mediados dos anos '90 en institutos e as súas...
O sábado, 25 de xuño, no Salón de Actos da Casa da Cultura, ás 20:30 horas o mago Pedro Bugarín presenta o seu espectáculo para todos os públicos "Galicia ilusiona coa maxia", que forma parte do programa Ler conta Moito, da Xunta de Galicia.
O ilusionista galego Pedro Bugarín leva máis de 10 anos dedicándose ao mundo da maxia.
Os seus espectáculos caracterízanse polo bo humor, a sorpresa e a interacción co público.
O renovado show que presenta axunta a maxia tradicional coas novas tecnoloxías.
O Concello de Alfoz anuncia: “un ano máis imos organizar actividades para nenas e nenos nados entre 2010 e 2019. Serán desde o 4 de xullo ata o 26 de agosto repartidas en 4 quendas das que se poden elixir unha, varias ou todas para vir de luns a venres (laborables) de 10:00 a 13:00 horas ao CEIP Castro de Ouro. É una iniciativa de balde, subvencionada polo Concello de Alfoz e pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o Ministerio de Igualdade e a Unión Europea. Deporte, xogos, experimentos, medio ambiente, piscina,... sempre para fomentar a igualdade”.
Haberá unha reunión Informativa o 15 de xuño ás 20:00 horas no Salón de Actos de Cultura. E o prazo de inscricións é do 17 ao 24 de xuño.
As bases de participación están publicadas en www.concellodealfoz.com...
leer másA asociación cultural xuvenil O Castelo organiza as festas do San Xoán en Alfoz na noite do 23 de xuño.
A partir das 21:00 horas, no campo da festa de San Pedro de Mor, comezará a cea composta por sardiñas, touciño, chourizo e pan. Os prezos serán populares e de balde para os socios.
A festa estará amenizada por Discoteca Móbil Pisando Pista.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.
Miña casa, meu lar é o título dos contacontos de medio ambiente que contará Caxoto o domingo 22 de maio ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz. Ao remate farase a entrega dos premios do concurso de narración e debuxo das Letras Galegas da Biblioteca Municipal.
Caxoto é un experto en xestión de residuos: un barrendeiro municipal. A pesar de que parece un traballo rutinario e aburrido as beirarrúas están cheas de sorpresas e aventuras. A través das súas experiencias aprenderanse as claves para protexer o noso medio ambiente pero con moito humor.
Este espectáculo está subvencionado a través do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
A Asociación de Veciños San Sebastián de Carballido organiza a Feira do Trece que se celebrará na parroquia de Carballido, en Alfoz, o 18 de xuño.
Ás 10:00 horas terá lugar a apertura da feira na que haberá postos de gando, maquinaria, artesanía e produtos da zona como cereixas. Ás 13:00 horas celebrarase a sesión vermú e un xantar con menú típico e ás 16:30 procederase á entrega de premios da feira e sorteo de agasallos.
Ás 18:00 horas terá lugar unha exhibición canina a cargo de Paco Lobo coa participación de campións e subcampións de Europa e de España. Ás 18:30 h. haberá unha mostra de adestramento canino caneduro e ás 21:00 horas volverá unha segunda exhibición canina de Paco Lobo. A xornada rematará cunha cea e verbena.
No concurso de gando haberá premios para o lote máis numeroso...
leer másA compositora e intérprete natural de Vilaronte (Foz) Ugia Pedreira presentará o seu novo disco e o seu debut en solitario, Segmento Cantábrico, en Alfoz o sábado 14 de maio. Será ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura, da man da Delegación de Cultura Municipal.
Segmento Cantábrico “contén un elegante equilibrio entre instrumentos máis orgánicos combinados coa música electrónica vintage, achegando un minipoemario baixo ou título Atalaia Norte. O álbum mestura spoken word, poesía e canción, e ten alma de folk progresivo, que aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano. En canto ás letras, hai poemas da propia artista, do pintor vigués e afincado en Londres Enrique Gavilanes, de Follas Novas, de Rosalía de Castro, da poeta laurentina Mariña Oural, de Carvalho Calero e Xela...
O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de elaboración de xabón con aceite doméstico usado. Será o venres 13 de maio ás 17:00 horas na Casa da Cultura (exterior e salón de actos).
As persoas interesadas poden informarse e inscribirse no teléfono 982.558. 001 (ext. 2) e no Concello de Alfoz. As prazas son limitadas.
O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa a súa obra Cousas de bares este sábado, 7 de maio, ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz.
A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre e nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados.
Esta actividade está subvencionada a través do Plan Único da Deputación de Lugo.