Alfoz
O Concello de Alfoz abre o vindeiro luns, 19 de setembro, o prazo de inscrición para participar en actividades deportivas para adultos, concretamente nas modalidades de aerobic, ximnasia de mantemento e ioga. As solicitudes deben entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ata o 26 de setembro. As prazas son limitadas e por rigorosa orde de entrada en rexistro. As actividades comezarán no mes de outubro e rematarán a finais de maio.
A ximnasia de mantemento será luns e mércores de 18:30 a 19:30 horas no pavillón municipal. O ioga desenvolverase na Escola de Nenos de Adelán e haberá dous grupos: un os martes e xoves e de 17:00 a 18:00 horas; e o outro os luns de 17:00 a 18:00 horas. E o aeróbic será no pavillón municipal os luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas.
Os interesados en máis información poden chamar...
leer másO vindeiro 10 de setembro Alfoz acollerá a presentación do libro “Las jarras del trotamundos”, de Javier Mariño Chao. Será ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
“Las jarras del trotamundos” é unha historia de intriga, de amor polos viaxes e de perseguir soños imposibles. Nel o protagonista, Alberto Mouriño, conseguira o seu soño imposible, viaxar por tódolos países do mundo. Pero esa alegría vese empañada por recordos do pasado, que o levarán a realizar a viaxe máis importante da súa vida.
Desde hoxe, 2 de setembro, o Castelo de Castrodouro de Alfoz, onde se ubica a Oficina de Información Turística, abrirá venres, sábados e domingos en horario de mañá de 11:00h a 14:00h e de tarde de 17:00h a 20:00h ata o día 2 de outubro.
No interior do Castelo, símbolo do Concello de Alfoz, pódese disfrutar de varias exposicións: Antigas Escolas, Pintura de Hipólito Xeada e II Concurso de Fotografía "Alfoz en primavera" e sen dúbida, das magníficas vistas desde a súa azotea desde a que se abarca todo o val.
O entorno do Castelo de Castrodouro, xunto á Igrexa de San Salvador do Castro conta cunha área recreativa ideal para disfrutar coa familia e amigos. É, sen dúbida, unha visita máis que recomendable.
O Concello de Alfoz nomea setembro coma o mes da música e celebrarano con actuacións de varios grupos musicais, que serán todas ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.
O sábado 3 actuará Mar Aberto. O seguinte grupo será Sons de Celeiro o sábado 17. E por último o venres, 23 de setembro, actuará Toxo Guayaba.
A entrada é libre e de balde, para poder disfrutar do bo facer e da calidade musical destas tres formacións da Mariña e ofrecer un repertorio variado para todos os públicos.
As Escolas Deportivas Municipais do Concello de Alfoz abriron o prazo para a inscrición en fútbol campo e fútbol sala. As inscricións deberán facerse na Oficina de Rexistro do Concello, do 29 de agosto ao 2 de setembro.
Será para nenos/as de 4 a 16 anos, e contan coas categorías de: cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e biberón. A actividade comeza o 5 de setembro e rematará a finais de xuño. Os horarios poden consultarse na seguinte ficha de inscrición https://drive.google.com/file/d/13d-VeQFNtT300kawRH9r39ZWT9ZcymV1/view.
Ademais de fútbol, as Escolas Deportivas Municipais de Alfoz tamén farán patinaxe. O prazo de inscrición abrirá a mediados de setembro, e a actividade será de outubro a maio, tamén para nenos/as...
leer másO castelo de Castro de Ouro, o emblema do Concello de Alfoz, está aberto de martes a domingo en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 20:00 horas polas tardes.
A entrada é de balde tanto para visitar as diferentes exposicións coma para ver o val dende a perspectiva que nos ofrece o alto da fortaleza. Ademais, a Oficina de Información Turística encontrase situada neste castelo, polo que o persoal pode informar sobre os distintos recursos de Alfoz e da comarca da Mariña. Contan tamén con audioguías, sen custo, para facer máis amena e interesante a visita e coñecer a historia do Mariscal Pardo de Cela.
Para calquera consulta, chamar ao teléfono 982 558 578.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este mércores no Pazo de San Marcos a 22 edición do Mercado Medieval de Alfoz, que se celebra os días 15 e 16 de xullo coa colaboración da Deputación de Lugo. García Porto estivo acompañada durante o acto polo Alcalde, Jorge Val Díaz, e polo Concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Cándido PaleoRejes.
A Deputada enmarcou o apoio a esta cita coa historia na clara aposta da institución provincial polo turismo de experiencias e de proximidade. “Trátase dun modelo que pon en valor o noso patrimonio, como neste caso, que favorece o equilibrio territorial e que actúa como factor de desenvolvemento do rural. E para conseguir isto traballamos da man cos concellos da provincia, colaborando con diferentes accións e medidas para impulsar o noso...
leer másA Área de Igualdade do Concello de Alfoz organiza un campamento nocturno os días 19, 20 e 21 de xullo para rapazas e rapaces nados entre 2004 e 2009. É de balde e os participantes, que poderán gozar de actividades como kaiaks, tiro con arco, multideporte, xogos nocturnos, "contos de medo" a redor da fogata, busca do tesouro, piscina e moito máis.
As prazas son limitadas e as inscrición poden facerse a partir do 4 de xullo na Casa do Concello ou na sede electrónica municipal.
Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou no paseo do Río Rato o programa de Actividades Fluviais que a institución provincial ofrecerá de maneira gratuíta en 10 concellos da provincia dende o vindeiro sábado, 2 de xullo, ata o 15 de agosto. No acto tamén participou o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, xunto a alcaldes, alcaldesas e representantes municipais das localidades nas que terán lugar estas propostas de lecer.
A programación, que chega á súa terceira edición, está dirixida a un público familiar, podendo anotarse maiores de 6 anos de idade no propio lugar da actividade ou a través do teléfono 636.504.155. Entre as actividades ofertadas, os participantes poden realizar kaiak, paddle surf ou inchables, ademais doutros xogos nas contornas fluviais.
Os 10...
leer más