Alfoz
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza unha festa de Entroido no pavillón municipal de Alfoz para o vindeiro luns, 20 de febreiro.
Ás 21:00 horas empezará o desfile, con premios para os mellores participantes e para o que haberá que inscribirse desde ás 19:30 horas. E ao rematar terá lugar a festa amenizada pola orquestra Compostela.
Os organizadores anuncian: “o luns 20 de febreiro tedes todos unha cita no pavillón de Alfoz para a celebración do Entroido. Ao remate do desfile, festa amenizada pola Orquesta Compostela. Teremos servizo de bebidas e de bocadillos. Agardamos por todos vós”.
Para a organización deste evento a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.
A Comparsa Alfoz-Valadouro inaugura este xoves, 16 de febreiro, na Casa da Cultura de Alfoz, unha exposición temática sobre a súa traxectoria no Entroido. Poderase visitar ata o 10 de maio en horario de 15 a 20 h oras de luns a venres.
Asemade, a exposición estará complementada cun taboleiro aberto para achegas fotográficas e receitas culinarias aportadas polos nosos maiores e relativas ó Entroido, todos os veciños que queiran compartir as súas fotos ou receitas tamén poderán facelo.
Por outro lado, contarase con doces de Entroido e unha chocolatada gratuíta para todos aqueles que se acheguen a inauguración da exposición.
Os Pícaros de Lagoa representarán o 17 de febreiro na Casa da Cultura de Alfoz "Menciñeiro á forza".
O vIndeiro 17 de febreiro ás 21:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a interpretación da obra "Menciñeiro á forza" a cargo da Asociación grupo de teatro Os Pícaros de Lagoa.
A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière "O enfermo imaxinario".
Dentro do programa municipal de fomento do deporte o Concello de Alfoz oferta a modalidade de ioga, que se leva a cabo na Escola de Nenos de Adelán en dous grupos diferentes: grupo A, con 2 horas á semana (martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas); e grupo B, con 1 hora á semana (martes de 18:30 a 19:30 horas).
Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 1) e as inscricións realízanse na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz.
A parroquia de Lagoa, en Alfoz, celebrará as súas festas na honra de San Vicente os días 21 e 22 de xaneiro, sábado e domingo.
O sábado a partir das 21:00 horas terá lugar a Festa dos Callos, con queimada popular gratuíta, e verbena amenizada pola orquestra Gran Parada.
E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne e a continuación procesión co grupo de gaitas Amado Lar e sesión vermú amenizada polo grupo folclórico Amador Lar e o dúo Epo-K.
Haberá recinto cuberto con carpa e calefacción.
O espectáculo Cine Marabillas, de Raquel Queizás, presentarase en Alfoz o 28 de xaneiro, sábado, ás 18:30 horas. Será no salón de actos da Casa da Cultura.
É unha actividade organizada polo Concello de Alfoz, que anuncia: “Ver para Ler. Vide descubrir a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil. Gozaremos durante 50 minutos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo é facerlles ver as crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará a aventura, o humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema...
leer másO 4 de febreiro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro, celebrarase na Finca Galea de Alfoz unha nova gala benéfica Alfoz Solidario, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento, non se puido realizar nos últimos dous anos debido á pandemia coo Covid 19, é promovido por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.
Desde a organización indican que, como sempre, existen varias formas de colaborar con Alfoz Solidario, “poderase participar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir”. Os tickets poñeranse á venta a partir da próxima...
leer másO Concello está programando actividades para realizar en todas as Antigas Escolas recuperadas como centros socioculturais das parroquias de Alfoz.
O obxectivo principal é dinamizar estes espazos como punto de encontro e reunión dos veciños e veciñas a través dun amplo abano de actividades: manualidades, formación en primeiros auxilios, seguridade, consumo responsable, medio ambiente,...Dirixidas á poboación adulta non só da parroquia na que se leve a cabo senón de todo o municipio, levaranse a cabo en sesións de 2 horas, en fins de semana para poder compaxinalas cos horarios laborais ou outras actividades que xa se están desenvolvendo coma as deportivas. Serán de balde e en grupos axeitados para garantir o seu éxito, podendo repetirse en caso de haber moita demanda.
O Programa de Dinamización das parroquias...
leer másOs concellos de Alfoz e O Valadouro ofrecen servizo de transporte gratuíto para os veciños e veciñas maiores que queiran ir á piscina municipal de Foz os mércores pola mañá desde o 4 de xaneiro ata o 28 de xuño.
Os interesados poden apuntarse a clases de natación ou acceder á piscina para uso libre.
O custe destes servizos correrá a cargo do usuario porque os concellos de Alfoz e O Valadouro asumen só o custo do desprazamento.
As prazas son limitadas e para máis información pódese chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2), do Concello de Alfoz, ou ao 982.574.036, do Concello do Valadouro.
O vindeiro domingo, 18 de decembro, ás 16:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, terá lugar a representación "A Apalpadora" de Velaisca. A actuación forma parte da Programación de Nadal da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a quen queren agradecer a oportunidade de desfrutar deste espectáculo infantil. A entrada é libre e de balde.
Sinopse: " Dende as montañas máis profundas da nosa terra chega a Apalpadora!. A filla do lexendario Apalpador colle o testigo do seu pai e baixa nestas datas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cun cesto cheo de castañas e os seus tradicionais xoguetes de madeira contaravos como é a vida na alta montaña e as súas maravillosas lendas para transmitir valores como o respecto polo monte, o coidado do rural e a importancia dunha alimentación sa e sostible.
... leer más