Alfoz
A Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio organiza un obradoiro de bateo de ouro na Finca Galea (Alfoz) para o próximo martes 8 de agosto. O obradoiro, dirixido polo recoñecido divulgador da xeoloxía galega Francisco Canosa, organizarase en tres quendas, dende as 16.00 ás 19.00, que se artellarán da seguinte maneira:
- 1ª quenda: de 16 a 17 horas
- 2ª quenda: de 17 a 18 horas
- 3ª quenda: de 18 a 19 horas
O prezo da actividade é de 5€ para os socios da Asociación e 10€ para os non socios, que aboarán a cantidade mencionada no mesmo lugar onde se desenvolverá o obradoiro.
As inscricións están abertas e as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico a mr....
leer másDurante a noite do venres 14 e toda a xornada do sábado 15 de xullo celebrarase unha nova entrega do Mercado Medieval de Alfoz. Un ano mais este concello transporta aos seus visitantes e á veciñanza séculos atrás. Todos eles poderán gozar de variadas actividades lúdicas para a ocasión baixo o lema “Entorno e Lenda”.
Instalaranse distintos postos da época entorno á artesanía, alimentación así como obradoiros, espectáculos, actividades teatrais e xogos na rúa. E deixaranse ver persoas caracterizadas como guerreiros, membros eclesiásticos ou das familias máis memorables.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse aos teléfonos 982-558-581 e 600-377-152, ao correo electrónico turismoalfoz@gmail.com ou á páxina de Facebook Mercado Medieval de Alfoz...
leer másDesde o pasado 22 de xuño e ata o vindeiro 1 de setembro a Biblioteca Municipal de Alfoz abrirá en horario de mañá, de luns a venres, de 10:00 a 15:00 horas.
Desde o Concello sinala: “lembra que se queres devolver un libro fóra deste horario podes usar o buzón de devolucións do exterior da Casa da Cultura. Comeza o verán...a disfrutar e ler moitos libros!!”.
Un ano máis os máis pequenos de Alfoz teñen o programa de actividades Ludiverán-Xogando en igualdade, que organiza o Concello. É desde o 3 de xullo ata o 25 de agosto de luns a venres laborables para nenos e nenas nados entre 2011 e 2020.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición está aberto ata o 27 de xuño na Oficina de Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica.
Un ano máis o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica estará en Alfoz. No Castelo de Castrodouro como é habitual. As actuacións previstas son:
O sábado día 1 ás 21:00h no Castelo de Castrodouro volve o Festival Atlántica a Alfoz. Pedro Mario López de Cuba presentará "Urdimbres", dirixida a público aduto, de balde, en castelán. Espectáculo que enlaza con humor, ironía e dor historias de profundas resonancias humanas. Contos que narran a vida desde a perspectiva do narrador, conectado coas historias de moitos e moitas que emerxen poeticamente para confrontar a súas voces coa ecoloxía da incerteza; tupidos urdidos entre os que despregan o seus tránsitos o amor, o desarraigamento, a esperanza, o esquecemento ou, dito doutra maneira, a vida en permanente pulso coa morte.
O domingo 2 de xullo, ás 19:00h no...
leer másO salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá o sábado 3 de xuño o acto de entrega de premios do Certame das Letras Galegas da Biblioteca de Alfoz.
Ás 20:30 o grupo Trémola porá en escena a obra Unha nova galaxia. Trátase dunha recreación da vida de Francisco Fernández del Riego a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Ao remate procederase á entrega dos Premios de Debuxo e Narrativa das tres categorías da fase local do Certame organizado pola Biblioteca. Os gañadores/as competirán a nivel provincial no concurso da Biblioteca Pública de Lugo.
A actividade está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Concerto do Grupo Tundal este venres, 12 de maio, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
Desde o Concello explican que “celebramos as Letras Galegas coa música tradicional do Grupo Tundal. Este nome sonoro serve para denominar un grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas”.
O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, Guido Guía e Ana Pena guiarán a cuarta edición dos paseos guiados #RedescubrindoAlfoz, que comezaron no ano 2020 promovidos polo guía lugués e que ano a ano se consolidan como evento cultural para coñecer o territorio alfocego.
Será tamén unha gran ocasión de presentación do novo proxecto como autónoma de Ana Pena, guía local que ven de estrear "Guía tu día". Natural de Foz e residente en Alfoz, é unha apaixoada desta profesión, e busca amosar e poñer en valor todas as marabillas desta comarca. “Estou moi contenta de comezar este novo proxecto como autónoma chamado #GuíaTuDía, e gratamente sorprendida da acollida que estou tendo. Xa teño varias visitas programadas de cara aos próximos meses”, comentou.
As inscricións para esta actividade poden efectuarse a través do...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da asociación de veciños San Sebastián de Carballido de Alfoz, Jesús Paz Pumares, presentaron no Pazo de San Marcos unha das grandes novidades da Feira do Trece deste ano: o espectáculo Duende Ecuestre. A institución provincial achega máis de 3.200€ para a contratación deste evento dentro do programa do feiral, que se celebrará o 17 de xuño.
O mandatario provincial puxo en valor que esta será a primeira vez que este espectáculo, que combina doma e baile ecuestre, estea en Alfoz, o que de seguro será “un gran reclamo que completará o programa que a asociación tenpreparado para todo o día”. Así mesmo, Tomé Roca subliñou o pulo que esta cita colleu dende que esta asociaciónveciñal a recuperou no 2018, tentando emular as feiras que acollía o Lugar do Trece hai máis de 30 anos,...
leer másMañá, 28 de abril, abrirá ao público o Castelo de Castrodouro e a Oficina de Información Turística de Alfoz. Os horarios serán: venres, sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes. O día 1 de maio, así coma o 17 Día das Letras Galegas permanecerá aberto nos horarios sinalados.
Poderase visitar o Castelo e desfrutar das impoñentes vistas desde o alto da torre, tamén ver as distintas exposicións: Antigas Escolas, Pinturas de Hipólito Xeada ou fotografías de Alfoz en primavera.
Tamén dispón de audioguías ficcionadas para realizar o percorrido polo Castelo da man do grupo de teatro Chévere e coñecer a historia e Lenda do Mariscal Pardo de Cela.