Hoxe martes, 4 de xullo, comenza o proxecto “Diververán Xove”, cun obradoiro de Drons, no que participan un total de 30 rapaces e rapazas de idades entre os 10 e 16 anos. Durante a mañá coñeceran as pezas e a montaxe de Drons, participaran na pilotaxe de Drons, tanto en voo dirixido coma simulado.
O proxecto “Diververán Xove”, está organizado pola OMIX do Concello de Xove e conta coa colaboración de 5 mozas voluntarias. Durante os meses de xullo e agosto organizaranse diferentes actividades (Educación Vial, cociña saudable, realidade virtual, informática, xogos populares,…) de martes a xoves en horario de 10:00 a 14:00, coa finalidade de ofertar ocio alternativo á xuventude do Concello de Xove.