Os Náufragos representa a obra teatral “Hugo” en Ribadeo domingo, 16 de febreiro

Este domingo, día 16 de febreiro, ás 17:00 horas o Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá a representación de Hugo, unha obra da compañía Os Náufragos.

O Concello de Ribadeo anuncia que esta obra “aborda as microdiscriminacións diarias das persoas con TEA. Unha peza emotiva que reflexiona sobre a empatía, a necesidade de comunicarnos e a beleza da diferenza”.