Perdomo
15/02/2025
Corentena · Game Over, a nova proposta dos cómicos Xosé A. Touriñán e David Perdomo, que chega o 14 de marzo, venres, ás 20:30 horas ao Auditorio da Casa da Cultura de Burela.
Este espectáculo é a continuación de Corentena, que levou ao teatro as conversas que estes dous cómicos compartiron en Instagram durante a pandemia e que se converteu nun dos grandes éxitos da pasada temporada, con máis de 20.000 espectadores. Agora, con Corentena · Game Over, dan un paso máis alá, mesturando teatro e videoxogos nunha experiencia interactiva e chea de humor.
As entradas están xa á venda en www.corentena.gal e en Ataquilla.