Música

Etiquetas:
02/08/2024

A Coral Polifónica de Foz organiza a trixésimo sexta edición do Encontro de Corais Galaico-Astur, que se celebrará este sábado, 3 de agosto, ás 19:30 horas na Sala Bahía.

Acturán o coro Vestusta, de Oviedo; a coral Endesa, de As Pontes; e a Coral Polifónica de Foz.

 

Etiquetas:
01/08/2024

A Xunta patrocina o concerto de Walls o sábado 3 de agosto en Burela no marco da programación da 38ª Feira do Bonito. O artista de música urbana procedente de Murcia actuará arredor das doce da noite na explanada portuaria.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asegurou que o Goberno galego fixo un importante esforzo económico para traer a este músico por petición expresa da asociación Ledicia, organizadora do evento. A feira, que se celebrará os días 3 e 4, conta tamén co apoio da Xunta para cubrir os gastos de organización e difusión, como é habitual.

Arias destacou o traballo de Ledicia e de todas as institucións e entidades colaboradoras por impulsar esta cita declarada Festa de Interese Turístico Nacional, “que constitúe un escaparate perfecto para exaltar a calidade do bonito de Burela e para...

leer más
01/08/2024

Viveiro homenaxeará ao músico Óscar Fedez cun concerto que se celebrará o día 9 de agosto, venres, desde as 21:00 horas na Praza Maior.

Neste concerto homenaxe actuarán Eu son band, Back in town, El Chigri, Jjadrio, Yuno, La mala vida, Leo Salinas, Joni Ramos e True Mountains. E haberá venda de merchandising co fin de recadar diñeiro para a Asociación Española Contra o Cancro.

O homenaxeado é o músico mariñán Óscar Fernández González, natural de Galdo (Viveiro) e coñecido artisticamente como Óscar Fedez, que faleceu en outubro de 2023, aos 37 años de idade, debido a unha grave enfermidade.

Etiquetas:
31/07/2024

O Concello de Viveiro anuncia unha nova edición do concurso de karaoke "Viveiro Canta", enmarcado no programa das Festas Patronais de Viveiro. Será o día 7 de agosto ás 21:00 na Praza Maior. 

A terceira edición do "Viveiro Canta" está de novo dirixida ao público de todas as idades, e terá dúas categorías, unha infantil e xuvenil e outra adulta. Un xurado profesional decidirá os gañadores do certame e entregará premios en cada categoría.  

As prazas para participar no certame son limitadas, polo que será necesario realizar unha inscrición previa. Esta poderá ser realizada no teléfono 982560162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. Deberán facilitarse os seguintes datos: nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, canción que se cantará e autoría da mesma.  ...

leer más
Etiquetas:
31/07/2024

Ribadeo se prepara para acoger la segunda edición del Xara Fest, que se celebrará el próximo 17 de agosto, sábado.

Este evento será gratuito (salvo el afterparty) y, según anuncian los organizadores, “promete ser una jornada llena de actividades para todos los públicos, con un festival que se prolongará por más de 18 horas, dividido en 3 partes”.

El festival comenzará a las 12:00 horas en la calle San Roque con un mercadillo que contará con la participación de marcas independientes de toda España, incluyendo Madrid, Valencia y Málaga. Hasta las 19:00 horas los asistentes podrán disfrutar de una variedad de productos y servicios, tales como personalización de camisetas en directo, barbería y tatuajes. Además, habrá actuaciones de live art y las sesiones de los DJs Wachu, Sad, Baby Romeo y Ddificil...

leer más
26/07/2024

O Festival Folklórico Internacional de San Ciprián, organizado polo grupo folklórico Mistura e o Concello de Cervo, celebrarase o día 2 de agosto, venres, a partir das 20:00 horas.

O grupo Mistura anima a “vivir una experiencia cultural única e inolvidable con grupos de 3 continentes: Grupo Folklórico Naz, de Kazajistán; Compañía Nacional de México; Grupo Coros y Danzas San Antón de la Peña, de La Zaranda (Murcia) y Grupo Folklórico Mistura, de San Ciprián”.

Durante o festival haberá venda de bolos preñados e empanadas e ao final sortearanse 500 euros.

Etiquetas:
25/07/2024

Viveiro acollerá no Campo de Fútbol de Celeiro o Festival dos 80s e 90s.

O evento comezará ás 20:00 do domingo, día 28 de xullo, dando paso a 7 horas de espectáculo con música en directo, DJs, xogos, concursos e moito máis. 

As entradas están dispoñibles no restaurante O Muro, en Gato Pardo CulturPub e na web festivaldelos80alos90.com

Etiquetas:
24/07/2024

O Concello de Viveiro foi o escenario da presentación da Mostra Folclórica Internacional, que se celebrará do 1 ao 4 de agosto. A mostra cumpre este ano a súa 44ª edición e recibirá de novo agrupacións de varios continentes.

“Quero agradecer o traballo de Bágoas da Terra e da súa presidenta, Mari Carmen González López, Chipe, por todos estes anos de traballo nun evento que é un referente cultural en Galicia”, asegurou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, nunha presentación á que tamen asistiu a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

O Concello destaca que este evento “posiciona a Viveiro como un referente cultural, con amplo recoñecemento internacional xa que pertence ao CIOFF (Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folklore e das Artes Tradicionais), integrado na ONU-Unesco...

leer más
23/07/2024

Barreiros acollerá a programación musical Sons do Emigrante desde o 29 de xullo ata o 3 de agosto

O Concello de Barreiros anuncia que “chega a semana do Festival do Emigrante e, para ir abrindo boca, preséntanse os Sons do Emigrante, unha programación de actuacións durante a vindeira semana que finalizará co prato forte do XLI Festival Internacional do Emigrante 2024, o 3 de agosto. O Sons do Emigrante comezará o luns 29 no exterior das escolas de Reinante con dúas propostas internacionais, arpa e voz de Francia e folk galés, Frédéric Bougouin e Rholben, que deleitarán no solpor barreirense. O mércores 31 o grupo veciño Kornucopia actuará na praza do Souto, de San Miguel, coincidindo coa presentación do Festival. Mesmo lugar no que o venres será o turno da Foliada do Emigrante, organizada pola Agrupación Folclórica O Arco da Vella que...

leer más
Etiquetas:
23/07/2024

A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este xoves, día 25 de xullo, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco. No caso de mal tempo trasladaríase ao auditorio Hernán Naval.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “co concerto do 25 de xullo, que será no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde, celebraremos o Día de Galicia cun repertorio variado, tanto de música galega como doutros estilos”.