Óscar Fedez

01/08/2024

Viveiro homenaxeará ao músico Óscar Fedez cun concerto que se celebrará o día 9 de agosto, venres, desde as 21:00 horas na Praza Maior.

Neste concerto homenaxe actuarán Eu son band, Back in town, El Chigri, Jjadrio, Yuno, La mala vida, Leo Salinas, Joni Ramos e True Mountains. E haberá venda de merchandising co fin de recadar diñeiro para a Asociación Española Contra o Cancro.

O homenaxeado é o músico mariñán Óscar Fernández González, natural de Galdo (Viveiro) e coñecido artisticamente como Óscar Fedez, que faleceu en outubro de 2023, aos 37 años de idade, debido a unha grave enfermidade.