Música
Mañá, 25 de maio, ás 19:30 horas o alumnado da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto de frauta, canto e piano no recinto exterior da escola, sita na Rúa do Cancelo nº 33.
O Concello de Cervo acondicionou unha parte das Escolas Vellas de San Román para destinalas a lugar de ensaio das diferentes agrupación locais.
O primeiro grupo que utilizará as instalacións, que están dispoñibles para todos os colectivos locais que as soliciten, será a asociación de recente creación Fol de Raxal, cuxos membros xa teñen á súa disposición a chave dun dos locais habilitados para ensaio dos colectivos culturais cervenses que o desexen.
O rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e a de Servizos Sociais, Pilar Armada, achégaronse ata as Escolas Vellas para amosarlles as instalacións e cederlles o local ao tempo que aproveitaron para darlles os parabéns polo nacemento de Fol do Raxal - cuxo nome responde a unha homenaxe ao barrio cervense no que comezaron a reunirse- e...
leer másO Concello de Viveiro organiza, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música do municipio, o concerto matinal da Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello, o vindeiro 29 de maio. A cita terá lugar a partir das 12:30 no Salón do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e continuará ás 13:30 no Salón Multiusos do Concello.
O concerto ofrecerá pequenas intervencións de diferentes violonchelistas e outros instrumentistas que demostran a versatilidade do violonchelo como instrumento só e en conxunto. Os intérpretes tocarán a música de compositores como J.S. Bach, W.A. Mozart ou A. Piazzolla. Ademais, parte do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro participará na actuación.
A Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello promove dende a súa fundación en 2011 actividades...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo trasladou o seu tradicional concerto das Letras Galegas, que a semana pasada foi aprazado polo mal tempo, para este sábado, día 22, ás 20:00 horas no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz. Será a súa primeira actuación neste ano, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
O director da Banda ribadense, David Ballester, adiantou que no concerto deste sábado, para celebrar o Día das Letras Galegas, “a gran maioría das pezas que se interpretarán son obras galegas ou de temática galega”.
Ballester remata invitando á xente a que se achegue ao campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz este sábado, día 22 ás oito da tarde. Pero destaca que “polo ben de todos deben gardarse as distancias de seguridade, usar a máscara e todo o que faga falta para que isto acabe...
leer másA área de Mocidade da Deputación de Lugo colabora coa Asociación Fanto Fantini na organización do Festival Osa do Mar, que programa para este domingo, 16 de maio, os primeiros concertos dunha edición adaptada á situación sanitaria.
Tras a paréntese obrigada do ano pasado, a Asociación Cultural Fanto Fantini aposta por un formato novidoso, coas actuacións distrubuídas en dúas fins de semana: este domingo e os vindeiros 24 e 25 de setembro. O evento transládase a Casa da Cultura de Burela para facilitar o control das medidas de prevención fronte á Covid-19.
A deputada de Mocidade, Mónica Freire, e Miguel Cabo, membro da organización do evento, presentaron esta tarde en Burela o programa deste domingo, con concertos da cantautora Antía Muíño (20:00 horas), unha das voces máis singulares do panorama musical en galego...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas este sábado, día 15, no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz. Será a súa primeira actuación neste ano.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “despois dunha tempada sen actuacións da Banda Municipal de Música de Ribadeo pois desde o Nadal non puidemos levar a cabo ningún concerto xa que o seguinte que tíñamos previsto era o de Semana Santa pero polas restricións que había nese momento non se puido facer, agora si volve ofrecer o seu concerto das Letras Galegas, que neste caso vai dentro do programa de Letras no Campo, organizado polo Concello de Ribadeo, e será este sábado, día 15, ás oito da tarde no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz”.
David Ballester agradece a...
leer másO 16 de maio ás 19:00h no auditorio da Casa da Cultura de Burela será o primeiro día do Osa do Mar 2021.
As entradas (10€ cos gastos de xestión incluidos) pódense mercar xa na web www.entradium.com
O 16 de maio terá lugar un especial #letrasgalegas co seguinte programa:
- 19:00h: Coloquio sobre o estado do Galego na música. Con Emilio López (Skornabois e Safari Orquestra), Manolo Maseda (Diplomáticos de Monte Alto), Nuno Pico (Grande Amore, Oh! Ayatollah e Skolhma) e Antía Muiño (cantautora).
- 20:00h: Antía Muíño
- 21:00h: Grande Amore
O cantautor Javier Álvarez ofrecerá un concerto este xoves, 6 de maio, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo. A actuación enmárcase no ciclo Outras Músicas, organizado polo Concello ribadense. O prezo da entrada é de 3 euros.
O músico madrileño presentaba en 2018 o seu disco titulado 10, que significaba o seu regreso ao ambiente discográfico, coincidindo co décimo traballo da súa carreira de máis de tres décadas, cando a mediados dos 90 se daba a coñecer cos seus primeiros éxitos con cancións como La edad del porvenir.
Ten intervido en múltiples colaboracións cos artistas máis recoñecidos a nivel nacional e internacional, e numerosas versións de temas clásicos. Ademais segue a ser fiel á súa busca incansable de fórmulas innovadoras alleas ás habituais do mercado musical e tamén escolle os escenarios nos que ofrece...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo recupera as actividades con público a través das clásicas audicións de primavera que impulsa o centro. A primeira será mañá, 29 de abril.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola. As deste curso 2020-2021 son, se cabe, máis especiais que as doutros anos xa que serán as primeiras actividades con público que leve a cabo a EMMeD dende o inicio da pandemia da covid-19.
O responsable da Escola, Hugo García, sinalou: “consideramos que estamos en condicións de recuperar unha certa presencialidade no noso día a día como xa fixemos coas clases, garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene e coa...
leer másXa están á venda as entradas para o ciclo Schubert no Camiño, incluído nas actividades da oitava edición do Festival Bal y Gay. Será do 14 ao 16 de maio en Foz, Lourenzá e Mondoñedo e contará coas actuacións de
Judith Jáuregui, Cosmos Quartet xunto a Fernando Arias e Christoph Prégardien xunto a Daniel Heide.
Todos os concertos serán presentados pola locutora de Radio Clásica
Clara Sánchez.
O venres 14 de maio ás 19:30 horas na Basílica de San Martiño (Foz) actuará Judith Jáuregui, que é unha das pianistas máis cautivadoras do momento e que foi recibida con entusiasmo en salas de referencia como o Auditorio Nacional de Madrid ou o Palau de la Música Catalana.
O sábado 15 ás 18:00 horas na Igrexa de San Salvador (Lourenzá) ofrecerá un concerto Cosmos Quartet, formado por...
leer más