Público

Etiquetas:
31/05/2023

O público do XVI Ribadeo de Tapeo decidiu que a mellor tapa foi a elaborada por La Flor de Jose e a mellor barra recaeu no Bar Queimada. 

Con anterioridade xa se coñeceran as tapas elixidas polo xurado oficial do veterano concurso gastronómico. O primeiro premio foi para o Bar Queimada, o segundo para Ramonita e o terceiro para El Oviedo. A Tapa de Ribadeo recaeu no Marinero que obtivo, a súa vez, unha mención especial pola súa elaboración excepcional. E outra mención especial foi para o Kalpa Amodiño por ser pensada a súa tapa para toda a clientela e elaborada con creatividade e produtos de cerca. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, felicita aos gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo: “queremos felicitar a todos os gañadores, aos elixidos polo xurado profesional e aos elixidos polo público...

leer más
Etiquetas:
09/06/2022

A tapa do restaurante Marinero foi a elixida polo público como a mellor do Ribadeo de Tapeo 2022. E a mellor barra foi para a do bar Quemada. O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, destaca a acollida do evento no que foron servidas arredor de 30.000 tapas. 

O edil ribadense contou que “o público participante nesta edición cos seus votos depositados nas urnas instaladas nos 32 locais participantes decidiu que o premio Tapa do Público sexa para a tapa Témola Negra.do establecemento hostaleiro restaurante Marinero e o premio á Mellor Barra sexa para o bar Queimada. Este último elíxese tendo en conta a ambientación do local, a profesionalidade no servizo, as instalacións e tamén a experiencia e  disfrute dos clientes”.

Vizoso Galdo explicou que “a entrega dos premios e dos galardóns terá lugar o vindeiro martes, 14...

leer más
Etiquetas:
28/03/2022

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola. Están programadas nove ata o mes de xuño. 

“Consideramos que estamos en condicións de manter unha certa presencialidade no noso día a día como xa fixemos coas clases, garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene e coa máxima precaución, pero entendemos que debemos continuar coas actividades previstas con certa normalidade”, apunta Hugo García, responsable da Escola. “Tanto para o alumnado como para as familias cremos que é un momento especial, de poñer en valor o traballo feito dentro da aula e, ao tempo, unha ocasión para achegar máis aló das catro parades da Escola, toda canta actividade leva a cabo o centro”, engade.

... leer más
Etiquetas:
28/04/2021

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo recupera as actividades con público a través das clásicas audicións de primavera que impulsa o centro. A primeira será mañá, 29 de abril. 

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola. As deste curso 2020-2021 son, se cabe, máis especiais que as doutros anos xa que serán as primeiras actividades con público que leve a cabo a EMMeD dende o inicio da pandemia da covid-19. 

O responsable da Escola, Hugo García, sinalou: “consideramos que estamos en condicións de recuperar unha certa presencialidade no noso día a día como xa fixemos coas clases, garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene e coa...

leer más