Música

Etiquetas:
06/01/2023

Ribadeo terá un concerto de Reis o día 13 deste mes de xaneiro, venres, ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Actuará a Orquestra de Cámara Galega, que dirixe Rogelio Groba Otero, acompañada da Coral Polifónica de Ribadeo.

Etiquetas:
06/01/2023

A música inundará o auditorio municipal da Pontenova este sábado, 7 de xaneiro. Será a partir das oito da tarde.

Co Playback A Pontenova porá fin á programación de Nadal que se veu desenvolvendo nas últimas semanas, organizada polo Concello.

Etiquetas:
25/12/2022

Tres anos despois regresa o Callo Fest, organizado por Amigos da Troula en colaboración co Concello de Cervo e Seiramar. O festival celébrase o último venres do ano dende 2017 co fin de despedir o ano ao ritmo de rock.

Os concertos comezarán as 19:00H na carpa instalada na Praza dos Campos de San Ciprián e rematarán ben entrada a noite co reparto de callos para todos os alí presentes.

O cartel deste ano esta formado polo grupo galego Broken Peach, que ofrece un toque persoal ás típicas versións de rock, funky, gospel e pop, fusionando música e espectáculos extravagantes e Mileth, unha banda que xorde na Mariña Lucense co obxetivo de combinar folk e pagan metal nacido das raíces máis fondas do folclore e do enxebrismo galegos.

Contarase tamén con Mi rollo es el rock, un clásico da comarca...

leer más
Etiquetas:
22/12/2022

A Banda Municipal de Música de Ribadeo recupera o seu tradicional concerto de Nadal titulado Aquí como en Viena, que o ano pasado non se celebrou debido á pandemia de Covid. Será o vindeiro xoves, día 29, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval con entrada de balde ata completar aforo.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo chega con Aquí como en Viena, un concerto típico destas datas que non pode faltar. O ano pasado tivemos que cancelalo polo motivo ben sabido por todos: o alto número de contaxios de Covid que había na nosa vila. Pero este ano estamos de volta con moitas ganas. Como todos os anos, este concerto estará dividido en dúas partes: a primeira cun repertorio moi ameno e variado e a segunda que xa nos traslada a Viena, con pezas da familia Strauss e algunha...

leer más
Etiquetas:
21/12/2022

A Banda de Música O Landro, de Viveiro, ofrece o concerto titulado Un conto por Nadal este venres, día 23 de decembro, ás 21:00 horas no Teatro Pastor Díaz. O director é Carlos Timiraos e da narración encargarase Lara Noriega.

As entradas son de balde ata completar o aforo, pero hai que retiralas previamente na taquilla a partir das 20:00 horas do propio venres.

Esta actividade está organizada pola Banda de Música O Landro, de Viveiro, coa colaboración da Concellería de Educación.

 

Etiquetas:
17/12/2022

Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa X edición o VENRES, 30 DE DECEMBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES.

Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para  maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén  podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.

A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas...

leer más
15/12/2022

Resurrection Fest Estrella Galicia serán la única oportunidad para los fans españoles de PANTERA para verles en directo. Una de las reuniones más esperada de la historia del rock y del metal sucederá, de manera exclusiva en España en Viveiro, en Resurrection Fest Estrella Galicia. 

Una reunión que tendrá como protagonistas a Phil Anselmo, Rex Brown, Zakk Wylde y Charlie Benante. Una oportunidad única que está dejando ojipláticos a todos aquellos afortunados que ya ha podido asistir a los primeros shows de esta gira de reunión. 

Esta gira homenaje será toda una celebración a la memoria de los hermanos. La única oportunidad que tendremos en España para rendir este homenaje, hechos desde el respecto y de la manera más fiel posible a antaño, hasta con los mismos técnicos de la banda. Como veis en las imágenes, la...

leer más
Etiquetas:
12/12/2022

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 17 de decembro, ás 12:00 e 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal. 

Na función de mañá actuará o alumnado máis cativo da escola e xa na de tarde celebrarase a noite de fin de ano de xeito anticipado e que nesta ocasión ten como temática central unha gala de ano vello no que non faltarán as uvas, o cotillón, as badaladas e moitas outras sorpresas coa música e a danza dos alumnos e alumnas do centro como banda sonora.

“Cada ano aventurámonos en novas propostas manténdonos fieis a tres piares: tentamos facer boa música e boa danza, que as alumnas e alumnos que participen no festival desfruten e aprendan enriba do escenario e que a xente que se achega ao auditorio o pase o mellor posíbel”, sinala...

leer más
Etiquetas:
01/12/2022

A gastronomía protagoniza as actividades do oitavo Festival de Jazz e Blues de Ribadeo programadas para esta fin de semana. Haberá demostracións de elaboración de comidas e de bebidas o sábado e o domingo na carpa instalada no parque de San Francisco e cea concerto o sábado no restaurante El Oviedo.

Este sábado, 3 de decembro, desenvolveranse dúas actividades gastronómicas: ás 19:30 horas un showcooking a cargo do cociñeiro, comunicador e divulgador Lucas Requejo, que preparará pratos elaborados con alimentos da provincia lucense integrados na plataforma Son de Lugo e ofrecerá unha degustación nunha carpa instalada no parque de San Francisco, dentro da iniciativa denominada Jazztronomía, con acceso gratuíto; e ás 21:30 horas terá lugar unha cea concerto no restaurante El Oviedo, na que actuará a cantante Carmen Rey, que estudou no...

leer más
Etiquetas:
22/11/2022

A oitava edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo inclúe seis concertos no auditorio municipal Hernán Naval, un taller de canto, unha exposición e actividades gastronómicas, como tres ceas concerto. O evento celebrarase desde este venres, día 25, ata o 11 de decembro, e as entradas están á venda na web gameroverpro.es, onde tamén se pode mercar un abono para cinco concertos.

As actividades do festival comezarán coa inauguración dunha exposición retrospectiva sobre as anteriores edicións na oficina de turismo ribadense. Será este venres ás 20:30 horas. E despois terá lugar no restaurante Javier Montero a primeira cea concerto, na que actuará Pablo Sanmamed Trío. Pablo Sanmamed é un contrabaixista e compositor nacido en Santiago de Compostela, estudou piano e violonchelo no Conservatorio Superior de Música de Santiago e posteriormente...

leer más