Música
A Banda Municipal de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto do Día da Patria Galega este vindeiro luns, día 25, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco.
O director da formación, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo, intentando seguir coa súa programación habitual, este vindeiro luns, 25 de xullo, ofrecerá o concerto do Día da Patria. Farémolo, se o tempo o permite, que esperemos que si, no Campo de San Francisco. En caso de mal tempo trasladarémonos ao auditorio. Será ás oito e media da tarde e tocaremos pezas que xa interpretamos noutras ocasións, pero será un repertorio moi variado, no que incluiremos, obviamente, música galega, xa que é o Día da Patria, e tamén obras de compositores clásicos e de bandas sonoras”.
Ademais David Ballester adianta que “despois deste concerto...
leer másA Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este luns no CENIMA de Foz na presentación dunha nova edición do Festival Bal y Gay, unha cita que a institución provincial impulsa cunha achega económica de 12.000€ como referente cultural e turístico na provincia. A programación celebrarase do 12 ao 24 de agosto en oito concellos da Mariña.
No acto tomaron parte o Alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo Suárez; o presidente da Fundación Xesús Bal y Gay, Enrique Rodríguez Baixeras, e a directora do Festival Bal y Gay, Alba Rodríguez.
Pilar García Porto puxo en valor este evento musical que “xa é unha cita fundamental na oferta turística da provincia de Lugo”. “Polas súas...
leer másO Concello de Viveiro anuncia dúas novas citas do programa das Festas Patronais de Viveiro, que se celebran a mediados do mes de agosto con motivo do San Roque.
Dunha banda, “Viveiro Canta” será unha nova proposta nestas festas, cun concurso de karaoke. Doutra banda, os tradicionais cabezudos volverán a desfilar por Viveiro, tras dous anos sen esta cita por mor da pandemia.
“Este verán retomamos as nosas Festas Patronais, tras dous anos limitadas pola pandemia. Seguimos anunciando eventos e traballamos no programa completo, que recordamos que inclúe o concerto de Mikel Erentxun o 15 de agosto”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
“Viveiro Canta” propón un karaoke no que poden participar persoas de todas as idades. O concurso celebrarase o luns 8 de agosto na Praza Maior de...
leer másO Concello de Viveiro organiza o próximo 9 de agosto, dentro da programación das festas patronais, un concerto da Banda de Música Municipal O Landro con Serafín Zubiri.
O concello continúa adiantando a programación das festas con este concerto tan especial, que servirá para rendir un tributo a Nino Bravo, con versións das súas mellores cancións.
O evento será ademais un concerto inclusivo, coa posibilidade de que as persoas xordas empreguen mochilas vibratorias para gozar da cita musical.
“Será unha cita moi especial, na que unha vez máis buscamos que a cultura tamén sexa accesible para as persoas con diversidade funcional”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
El ribadense Guillermo Cruzado Martín dará su tercer concierto de piano en Ribadeo el próximo 24 de julio a las nueve de la noche en el auditorio municipal Hernán Naval.
El pianista comenta que “para mi es siempre emocionante tocar en Ribadeo, además de suponerme un reto, tanto a nivel personal como profesional. Estoy deseando que la gente venga a escucharme y de disfrutar juntos de la música”.
Guillermo Cruzado interpretará obras de conocidos compositores como Beethoven, Ravel o Liszt, entre otros: “es un concierto de piano clásico romántico y español, va haber una sonata de Beethoven Los Adioses, música romántica de Chopin, música española también como El Pelele de las Goyescas de Granados. El motivo de este recital gira alrededor de la expresión musical de la despedida, y a través del retrato sonoro realizado...
leer másDesde a organización sinalan que “o próximo día 30 de xullo volveremos ter unha cita nos Xardíns de Viveiro para disfrutar de balde dalgúns dos mellores artistas de electrónica e urbano”.
O cartel estará formado por Mark Broom, Bárbara Lago, Chica Gang, Drea, Karras Martínez, Soffmm, Adrián Roma, Llonas, Edmuk JP
E explican: “despois da paraxe provocada polo COVID-19, a 5ª edición do festival de música eletrónica ETHER - An Electronic Odyssey será nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro no día 30 de xullo. A localización do festival terá lugar nun enclave único: entre a histórica Porta de Carlos V e a beleza da ría de Viveiro. O festival será gratuíto e os asistentes poderán desfrutar dos DJ sets a partir das 13:00. Se isto non fora suficiente, en Viveiro e a súa contorna hai extensas praias e montañas para os...
leer másA Sociedade Cultural Ledicia de Burela organiza un obradoiro de iniciación á regueifa aberto ao público en xeral.
A actividade desenvolverase desde o 11/12 de xullo ata o 27/28 de agosto e será impartida por Cristian Gómez Mesa, a través do proxecto Non perdas o norte. O horario está por determinar, dependendo do interese das persoas participantes, pero en principio haberá un grupo de mañá e outro de tarde. O custe é de 15 euros para soci@s e 20€ para non soci@s.
As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 616 99 50 97 e 617 31 30 70 ou en lediciascr@gmail.com.
A Asociación Cultural Fanto Fantini organiza a oitava edición do festival Osa do Mar, que terá lugar na Praza do Concello, en Burela, os días 2 e 3 de setembro.
Osa do Mar é un festival de música que ofrece un cartaz orixinal, mesturando diferentes estilos. Seguindo a súa liña, a maioría son grupos emerxentes, moitos deles galegos, como Grande Amore, TheRapantsou Berto, aos cales se unen grupos máis coñecidos como La LaLoveYou, Karavanaou Aiko el grupo. O festival tamén contará coas actuacións de Anabel Lee, Arde Bogotá, A Pedreira, Biela, Grande Osso, LeahWoods(rincón a pé de praia), Llegamos tarde (DJ set), Mariagrep, Niña Polaca e Zé pequeno.
A súa intención é recuperar o formato de anos anteriores ao Covid-19, ampliando o aforo e volvendo aos concertos gratuítos en diferentes ubicacións, facéndoo así máis...
leer másAta o día 15 de xullo permanecerá aberto o prazo de matrícula para novos alumnos na Escola Municipal de Música de Burela.
O director do centro, Xan Carballal, sinala que “como en anos anteriores a escola impartirá as especialidades de canto, guitarra, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, piano, frauta, clarinete, óboe, fagot, saxofón, trompeta, trombón, trompa, bombardino...,con prazas limitadas, así como clases de grupo de diversas formacións coma orquestra, banda, grupo de coro, grupo de Jazz e música moderna, clases de formación musical para adultos e clases de formación musical para nenos dende os catro anos”.
E engade que “para formalizar a matrícula ou resolver calquera cuestión, a escola permanecerá aberta, nas datas indicadas, en horario de 10 a 14 horas nas instalacións da Rúa da Igrexa, no edificio...
leer másO vindeiro luns, 4 de xullo, dará comezo o XII Curso de Música de Verán, que a Escola Municipal de Música de Burela ofrece de xeito gratuíto. Esta edición do curso interdisciplinario de verán, titulado Un concerto de película está inspirada na música de cine e destinado a todos os nen@s dende 4 anos en adiante, e adultos que queiran participar.
A asistencia ao curso é gratuíta, celebrándose os días 4, 5, 6, 7 e 8 de xullo en horario de 10:30 a 13:00 horas nas instalacións da Escola Municipal de Música, e o día 8 de xullo pola tarde haberá un concerto final no Auditorio Municipal de Burela. Durante o curso realizaranse actividades musicais, construción de instrumentos e fabricación de vestiario, asemade tamén poderán participar doutras actividades musicais organizadas dentro deste curso interdisciplinario de verán 2022. Xunto cos...
leer más