Música

Etiquetas:
07/05/2023

A asociación Asuembu e o Concello de Burela organizan o primeiro campamento musical, que terá lugar do 30 de xuño ao 2 de xullo. Está dirixido a nenas e nenos a partir de 8 anos. A inscrición está aberta ata o 1 de xuño. 

Desde Asuembu explican que “se busca formar ós participantes mentres se divirten, tocando en grupo, a través de xogos, obradoiros, e diversas actividades. Procúranse integrar diversas experiencias co obxectivo de facer novas amizades compartindo a paixón pola música e que, dun xeito ilusionante, as crianzas maduren emocionalmente e como futuros artistas”. 

E indican que “principalmente realizaremos actividades musicais xa que supoñen un recurso inestimable que permite desfrutar da música ao mesmo tempo que participan de xeito colectivo nunha actividade grandemente formativa, artística e divertida...

leer más
Etiquetas:
04/05/2023

O Teatro Pastor Díaz acolle mañá, venres, e o sábado a segunda edición do “Ciclo Sintonías de Primavera”, organizado pola Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro coa colaboración do Concello de Viveiro a través da Concellería de Ensino.

As actuacións das diferentes bandas dividiranse en dous días cunha primeira xornada na que levantará o pano a Banda da Escola Municipal de Oleiros, a partir das 19:30 horas, seguida da Banda de Música ‘O Landro’ de #Viveiro.

O sábado será a quenda da Banda de Música de Celanova a partir das 18:30 horas. 

“Dende o Concello de Viveiro animamos a todos os veciños e veciñas da vila a desfrutar desta dobre xornada de música en directo da man de tres bandas que amosarán o seu talento sobre o escenario. Trátase dun plan perfecto para un fin de semana de...

leer más
28/04/2023

Hoxe, 28 de abril, ás nove da noite terá lugar a presentación do Vendaval Fest. Será cun concerto na Praza da Fontenova onde actuarán Comandante Lobo e The Nineties.

Trátase dun evento de presentación e colaborativo coa venta de camisetas e tarxetas de lotería do Vendaval Fest. 

 

Etiquetas:
27/04/2023

Seguirá a música na Casa da Cultura do Vicedo o 5 de maio ás 20 horas coa actuación da Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Viveiro, que será acompañada polo Coro de Nenos e Nenas do CEIP do Vicedo. 

A cita está organizada polo Concello do Vicedo, que conta coa colaboración das entidades participantes. 

 

23/04/2023

Volve a música á Casa da Cultura do Vicedo. Esta vez cunha actuación do grupo de Acordeonistas da Mariña que presentarán cancións moi coñecidas polo público e acompañadas pola correspondente percusión. 

Será o sábado 29 de abril ás 20:30 horas na Casa da Cultura. Desde o Concello convidan a asistir: "Animádevos a disfrutar da música en directo”. 

 

Etiquetas:
22/04/2023

O Concello de Viveiro, en colaboración co conservatorio profesional de musica Viveiro ofertan durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á música aos máis pequenos.

Impartirase un curso de Iniciación Musical dirixida a nenos/as nados/as no ano 2016 con actividades que favorezan a percepción e a expresión musical dos máis cativos dunha maneira lúdica.

Para formalizar a inscrición ábrese o prazo o próximo luns día 24 ata o día 26. As prazas son limitadas.

Pola súa banda, convócase tamén o curso de Iniciación ao Instrumento de: Clarinete, Frauta Traveseira, Gaita, Guitarra, Saxofón, Trompeta e Violonchelo dirixido a nenos/as de entre 8 e 14 anos. Así mesmo, impartirase o curso de canto para nenos e nenas a partir dos 12 anos....

leer más
Etiquetas:
20/04/2023

Esta fin de semana seguirá o ciclo Cultura nas Parroquias coas tres actuacións que ofrecerán As Cegas de Ouselle en Cinxe, Vilaframil e Piñeira. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “en Ribadeo están programados para estes días tres concertos dentro do ciclo Cultura nas Parroquias, no que levamos traballando moitos anos”.

A edil ribadense explicou que “a formación As Cegas de Ouselle é a escollida para amenizar estas tardes da fin de semana. Este trío nacido no 2020 presenta unha viaxe musical e visual polo mundo das persoas cegas que tocaban nas feiras do pasado século. Trátase dunha mirada actual sobre as pezas da tradición galega con especial achegamento ás músicas portuguesas. Antón Castro, que pon a voz a toca a zanfona e voz, Aldara Palmeiro, violín e voz e Miguel Lustres, acordeón e voz, ...

leer más
Etiquetas:
18/04/2023

Este próximo sábado, 22 de abril, Roi Casal, estreará a súa nova xira #AmbosMundos no municipio de Cervo.

Será cun concerto gratuíto na Praza dos Campos, de San Ciprián, que dará comezo  ás 22:30 horas.

 

Etiquetas:
18/04/2023

Trátase dun espectáculo familiar, que dará comezo ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz. A duración será de 50 minutos. 

“A música das buguinas” é un concerto didáctico dramatizado. A través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche, os asistentes irán descubrindo a música tradicional, os seus instrumentos máis característicos así como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante. Cunha formación de gaita, acordeón, guitarra, distintas percusións e instrumentos de vento, iremos cantando, narrando e acompañando a historia de Roque, un neno que descubre a música escoitando o mundo que o rodea e a felicidade que medra nas persoas que gozan con ela. Pero Roque ten que ir á escola da Vila e alí, semella que a ninguén lle interesa a música... ate que decide organizar un baile; os sons das Buguinas!!

 

Etiquetas:
17/04/2023

O Concello de Viveiro acolleu a presentación do concerto de Amigos do Folk e Brétema, unha iniciativa que se levará a cabo o domingo día 23 coa intención de achegar a música ás parroquias.

O Centro Social de Vieiro será o escenario, a partir das 18:00 horas, desta actividade organizada por Jesús Chao Da Silva, coa colaboración do Concello de Viveiro, a Asociación do alumnado Adulto do Conservatorio e o propio Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. 

“Dende o Concello consideramos que a promoción da cultura en xeral, e da música en particular, é una prioridade dentro dos servizos que debemos ofrecer á nosa veciñanza”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. 

“O Conservatorio de Música realiza un traballo exemplar dende hai moitos anos, por iso quixemos colaborar una vez...

leer más