Música
A XXXII edición do Curso de Formación Orquestral de Xove, que se celebrará do 1 ao 5 de abril, foi presentada no Salón de Plenos do Concello coa presenza do alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura Dolores Meitín; e o director do evento, Xan Carballal.
Entre as actividades do curso inclúense un concerto de cámara, que se vai desenvolver o 4 de abril, e o concerto de clausura será o 5 de abril.
Os profesores invitados son Nazaret Canosa, Diego Segade, Nara Carballal e Antía Fernández.
Está organizado por Prestoxove e patrocina o Concello de Xove.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo xunto co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organizan un concerto no que participarán agrupacións dos dous centro educativos.
Esta actividade terá lugar o mércores, 15 de marzo, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo, con entrada libre.
Por parte do CMUS Profesional de Viveiro será unha agrupación de cámara a que interpretará un repertorio variado pasando por diferentes períodos musicais. E pola EMMeD será a Big Band do centro a que interprete unha pequena selección de temas clásicos característicos deste tipo de formación.
Estes intercambios e xornadas de convivencia veñen formando parte ao longo dos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo.
As Concellarías de Turismo e de Educación de Ribadeo presentaron a VI edición dos Cantos de Taberna, que se desenvolverá o 18 de marzo do 2023 a partir das oito da tarde.
O concelleiro Pablo Vizoso explica que “os cantos de taberna son unha actividade moi tradicional en Ribadeo e noutras vilas de Galicia, que permite recuperar pezas tradicionais coas que tanto nos identificamos e tamén disfrutar dun momento de lecer de forma conxunta ese sábado á noitiña polos establecementos da vila”.
Pablo Vizoso engade que “as bases deste evento están publicadas na páxina web do Concello e nelas recóllese os requirimentos para participar. Os grupos participantes deberán estar formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, que irán acreditadas de maneira visible. A participación neste concurso aumenta este ano o número...
leer másO campo de fútbol de Cangas de Foz acolle o primeiro Riosmar Fest este venres, 10 de marzo. O prato forte é a presentación oficial para A Mariña da nova xira da orquestra París de Noia. Tamén estará a Macro Disco Level coas actuacións dos DJs Litainer e Marcos Peón.
Haberá carpa, pulpería e outros servizos.
As entradas poden comprarse anticipadamente en internet e en establecementos de Cangas de Foz, Viveiro, Foz, Lourenzá, Burela, Valadouro, Ribadeo e Mondoñedo.
O histórico grupo de folk Milladoiro dará un concerto na Casa da Cultura o 13 de maio ás 20:30 horas no que presentará o seu último disco Atlántico e fará un repaso polos seus mellores temas. As entradas xa están á venda.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “desde la Delegación de Cultura queremos anunciar que ya están a la venta las entradas para el concierto que tendremos el 13 de mayo. Aprovecharemos esa actuación para conmemorar las Letras Galegas, por la proximidad de ambas fechas. Como concierto estrella tendremos a Milladoiro, un grupo de sobra conocido que cuenta con una amplia historia en la música tradicional gallega. Llevan más de 40 años, van para 50, en los escenarios recibiendo muchos premios y galardones, actuando en sitios muy ilustres y probablemente estamos ante uno de los grupos más valorados a nivel...
leer másO Concello de Cervo e a delegación de Muller e Igualdade, que dirixe Pilar Armada, organiza coas diferentes asociacións de mulleres do municipio -Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade de Cervo- a primeira edición do Karaoke pola Igualdade en homenaxe á figura da muller.
O concurso terá lugar o domingo 12 de marzo no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián ás 19:00 horas.
Os/as participantes deberán escoller unha canción composta ou popularizada por mulleres que se atope na lista de temas dispoñible no taboleiro de anuncios da páxina web do Concello de Cervo (www.concellodecervo.com). Na mesma sección atoparán a ficha de solicitude para a participación no concurso e toda a información...
leer másA Deputación de Lugo lanza a segunda edición do ciclo de concertos Con Voz de Muller 8-M, unha iniciativa coa que a institución achega aos concellos da provincia música en feminino con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo.
A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, subliña que esta iniciativa musical tivo “moi boa acollida o ano pasado, polo que decidimos reeditala, para celebrar o Día da Muller favorecendo a visibilización e o empoderamento das mulleres a través da música”.
A institución provincial contará nesta segunda edición de Con Voz de Muller 8M coa Banda da Loba, un grupo de cinco mulleres que unen pop, blues, folk, rock e sons tradicionais que converxen nun estilo singular; Caamaño&Ameixeiras, que conectan o violín e o acordeón para facer música folk...
leer másEn el día de ayer, a través de sus redes sociales, Resurrection Fest Estrella Galicia anunciaba a los australianos Parkway Drive como nuevos cabezas de cartel de su edición de 2023. La primera edición que contará con cuatro días de festival completo, con sus cuatro escenarios funcionando desde el primer día .
Los australianos, quienes dieron uno de los conciertos más antológicos de la historia del festival en 2019, vuelven a Viveiro con un renovado directo. Uno de los espectáculos de música en directo más grandes en todo el mundo. Una banda que jamás ha dejado de crecer y que hoy en día está entre las bandas más grandes del rock a nivel mundial.
Canciones como “Glitch”, “Vice Grip” o “Wild Eyes” son a día de hoy himnos generacionales que harán temblar Viveiro y disfrutar a decenas de miles de personas en Resurrection Fest Estrella...
Tras o seu paso por lugares tan emblemáticos como o Teatre Apolo, de Barcelona, o Teatro Campos Elíseos Antzokia, de Bilbao, ou o...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá o sábado, 14 de xaneiro, ás 20:30 horas o concerto presentación do disco Origen do viveirense David Catá. Catá é un artista multidisciplinar recoñecido a nivel internacional polos seus traballos nos que combina a fotografía, a videocreación, a pintura e a música.
Cunha obra que xa foi exposta en diferentes países e que acadou numerosos premios agora da un novo paso coa creación do seu primeiro álbum musical que fala da memoria, do esquecemento, da perda do ser querido e que ten moito de autobiográfica.
O compositor e pianista estará acompañado no escenario por Carla Alonso e Celia Montañez ao violín, por Ana Represas ao violonchelo e por María Villarquide na frauta. A entrada será de balde.