Exposiciones
A sala de arte da Casa de Cultura acollerá a partir do vindeiro venres, 30 de xaneiro, a exposición de pintura Unha ollada. Nela, os artistas Laura P. Rodil, Mar G. Pires e Ángel Picos mostran os seus traballos máis representativos na modalidade de acrílicos. A mostra está coordinada pola Concellería de Cultura e será inaugurada este venres ás 20:00 horas. Na mostra participan dous artistas da Mariña e un da Coruña.
Laura P. Rodil é natural de Burela e unha das xoves pintoras dedicadas á técnica do acrílico en Galicia. A través das súas obras intenta mostrar ao mundo as pequenas paisaxes que previamente acostuma a captar co obxectivo da súa cámara fotográfica. Mar G. Pires procede de Ribadeo e é unha pintora costumista que utiliza a pintura como medio para manifestar as súas...
leer más
O Museo Etnográfico da Fonsagrada decidiu manter aberta ao público ata finais de xaneiro a exposición Represaliados, pertencente ao artista barreirense Celso Dourado. Fíxoo despois de valorar positivamente a ampla acollida de público que a mostra obtivo dende que foi inaugurada, a comezos do pasado mes de novembro. A exposición consta de dez cadros que repasan a historia do Comandante Moreno, que xunto a outros doce homes formaron parte do Batallón Galicia e foron asasinados e enterrados no ano 1937nunha fosa común no Alto do Acevo (A Fonsagrada). Os seus corpos foron exhumados finalmente no ano 2007, un acto que serviu de inspiración a Celso Dourado para comezar a traballar na obra que permanece exposta agora na terceira planta deste Museo Comarcal, en horario de 12:00 a 14:00 horas de martes a venres e de 17:00 a 19:00 horas as fins de semana.
Celso Dourado...
leer más
A Concellería de Cultura de Burela presenta estes días na vila a que será a súa primeira exposición para este novo ano 2015. A mostra leva o título de Universo Viary e corre a cargo da artista Silvia Viary, unha moza burelesa especializada na creación de obxectos de bixutería artesanal. A exposición inaugurouse o pasado venres, 2 de xaneiro, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela, e permanecerá aberta ata o 16 de xaneiro en horario de 09.00 a 13.00 horas polas mañás e de 17.00 a 20.00 horas polas tardes. A concelleira de Cultura de Burela, Mónica Pedre, animou aos veciños "a achegarse a visitar esta interesante exposición".