Ata o 20 de febreiro pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, a exposición de gravado e debuxo de Comeluz, artista polifacético natural das Pontes.
A mostra está composta por unha serie de estampas (gravados, litografías, linóleos, serigrafías e xilografías), debuxos e pinturas que o artista puido desenvolver durante os seus anos de estudo das Artes en Lugo e Salamanca, así como de varias pezas realizadas nos últimos anos.
No acto de inauguración participaron o alcalde, Alfonso Villares, e outros membros do equipo de goberno.