Eventos

Etiquetas:
26/10/2023

Debido ao grave incendio forestal que afectou ao municipio de Ribadeo durante a ponte do Pilar, as festas do Santo Cristo na parroquia ribadense de Piñeira foron aprazadas para os día 28 e 29 de outubro, sábado e domingo.

O sábado haberá verbena coas orquestras Fania Blanco Show e Los Player’s. E o domingo celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo ás 13:00 horas e a continuación procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Trebol, que tamén actuará na verbena xunto a Los Satélites.

 

Etiquetas:
26/10/2023

A APA O Vicedo e o Concello organizan o seu tradicional desfile infantil de Samaín, que chega á súa décimo novena edición, para o 31 de outubro, martes, ás 19:30 horas.

Ao rematar o desfile haberá chocolatada para os asistentes na Casa da Cultura.

 

Etiquetas:
26/10/2023

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza un campionato de tute a partir do 5 de novembro e que se xogará o primeiro e terceiro domingo de cada mes a partir das 18:00 horas no local social de Bravos (Ourol).

Para inscribirse hai que enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número de teléfono 661.866.552. O prazo remata o 29 de outubro.

A organización explica que “o número de parellas participantes será de oito; así que non te demores”.

Etiquetas:
25/10/2023

O sábado 4 novembro haberá na Pontenova unha ruta de sendeirismo con magosto. Esta actividade está organizada polo Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova.

Para as 10:00 horas está programada a concentración dos participantes na Praza dos  Fornos, desde onde sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta, que ten un percorrido de 9,1 quilómetros. Está previsto que regresen ás 14:00 horas á Praza dos Fornos, onde haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.

O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e o prazo para apuntarse remata o 2 de novembro.

 

25/10/2023

O Canteiro, en Benquerencia, acollerá o vindeiro sábado, día 28, unha conferencia homenaxe á científica e investigadora barreirense Aurora Sampedro Piñeiro, que será impartida por Manuel Rivero. 

Aurora Sampedro naceu en 1913 e faleceu en 1996. Foi Licenciada en Ciencias Químicas, doutora na mesma disciplina e Académica de Ciencias Experimentais. Manuel Rivero defínea coma unha estudante exemplar e unha adiantada ao seu tempo: “desprazouse a Madrid no ano 1930, viviu na residencia de estudantes, alí completou os dous anos do bacharelato universitario, rama de ciencias, para poder matricularse en químicas, carreira que cursou na Universidade Complutense desde 1932 ata 1935. Durante o tempo que durou a Guerra Civil, (1936-1939), tivo que interromper os estudos. Finalizou a carreira na Universidade de Oviedo en xullo de 1941, coa...

leer más
Etiquetas:
25/10/2023

Burela acollerá o vindeiro martes, 31 de outubro, unha Noite das Ánimas para celebrar o Samaín, organizada pola ACM Arume.

O evento terá lugar na praza de Abastos de Burela a partir das 17:00. Haberá actividades para todos os públicas, e dende a organización animan á veciñanza a acudir ás mesmas cos disfraces temáticos propios da ocasión.

Haberá un obradoiro para preparar cabazas, para o cal será necesario que cada participante traia a súa de casa. Estas cabazas serán empregadas no posterior “Desfile das Ánimas”.

Tamén haberá contacontos, chocolatada, e o “Canto da Sinistra Compaña”. Todas as actividades son de balde, debendo estar a cativada menor de 6 anos acompañada sempredunhapersoa adulta.

O Concello colabora un ano máisna realización desta actividade...

leer más
Etiquetas:
24/10/2023

O programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo ofrece esta semana 7 rutas diferentes para un total de 160 persoas que integran colectivos veciñais de Pantón, Vilalba, Lugo, As Nogais e Castro de Rei. Viaxarán polo territorio grazas a esta iniciativa de rutas gratuítas que puxo en marcha a institución provincial para entidades sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o coñecemento da provincia e favorecer tamén o turismo de proximidade.

Este martes a Asociación de Veciños de Marce, de Pantón, visita O Vicedo, Viveiro e Ourol. Logo dunha parada para coñecer o Pazo de San Marcos da man do Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, puxeron rumbo á Mariña para percorrer lugares como a área etnográfica da Insua, a praia de Covas ou a fervenza da Xestosa. Pola súa banda, o Instituto de Estudos Chairegos Pena do...

leer más
Etiquetas:
24/10/2023

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 12 de novembro, domingo, unha ruta desde o Barqueiro ata Estaca de Bares. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:20 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 8 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

 

Etiquetas:
23/10/2023

A asociación cultural Saiñas, de Xove, celebrará o seu 40 aniversario cunha cea baile que terá lugar no restaurante Louzao, de Viveiro, o 4 de novembro, sábado, ás 22:00 horas.

A organización anuncia que “haberá sorpresas varias, momentos emotivos e moita troula”.

Os interesados en asistir poden apuntarse a través deste enlace:
https://forms.gle/Rpt4PnyD7bi3YWz87 ou enviando unha mensaxe de texto ao teléfono 679 66 71 94 cos datos (nome, apelidos e teléfono de contacto). A data límite para inscribirse é o 29 de outubro.

Etiquetas:
23/10/2023

O Mago Rafa presenta o seu espectáculo titulado Experiencias na Casa da Cultura de Burela este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas.

As entradas, que teñen un prezo de 3 euros, despacharanse a partir das 18:30 horas.
É unha actividade para publico familiar incluída na programación cultural do Concello de Burela.