Eventos
A Mariña en Ruta retomará as súas saídas a vindeira fin de semana por Alfoz, Trabada e Xove. As últimas actividades previstas para os pasados días 1, 4 e 5 de novembro tiveron que ser canceladas debido ao paso das borrascas Ciarán e Domingos pola comarca.
A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. De outubro a novembro foron programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, contou que “o vindeiro sábado, día 11, realizaremos a ruta prevista por Alfoz, fortaleza entre a serra e o mar, que será guiada por Ana Pena, de Guía tu día. Para este sábado tamén programamos a ruta por Trabada, viaxe ao...
leer másA Comisión de Festas de Canedo, no concello de Lourenzá, organiza unha cea baile para o 11 de novembro, sábado, a partir das 21:30 horas. Será no campo da festa de Canedo.
O menú da cea estará composto por fabada, costela asada de porco, sobremesa, café e chupito. Os tickets están á venda nos bares do pobo (Xiraldo, Gayoso, Baos, Pipote, Galaxia, Aturuxo, Morrigan e Torreón) ou comunicándose con calquera dos tres membros da comisión: David, Diego e Suso. Debido a que é unha cea por encargo a fecha límite para a recollida dos tickets é o 9 de novembro.
Despois da cea haberá verbena amenizada polo trío Zafiro e o DJ Billy, ademais de sorteo de regalos e más sorpresas.
Os organizadores anuncian que “o evento celebrarase baixo carpa con calefactores, se o tempo non axuda”.
A Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá un concerto a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro no Teatro ribadense este sábado, 4 de novembro, ás 20:30 horas.
Esta actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, que preside Gloria Rodríguez Saavedra e dirixe Mari Carmen Rodríguez Cancelo, leva por título Música para a escena.
O prezo da entrada solidaria é de 5 euros.
A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo no Bierzo (León) os días 11 e 12 de novembro. O sábado farán a ruta Valle del Silencio, que ten unha distancia de 10,6 quilómetros e é de dificultade media alta. E o domingo percorrerán a ruta de Salto del Pelgo a Toral de los Vados, cunha distancia de 7 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será o sábado ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do mércores 8 de novembro chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 100 euros para os socios do colectivo organizador e de 110 euros para os que non o son. As prazas son limitadas.
Os organizadores explican: “o sábado faremos parada en Vega de Valcarce para almorzar, a ruta comezará arredor das 9:45horas e...
leer másA Mancomunidade suspende as saídas de A Mariña en Ruta previstas para esta fin de semana.
“Debido á chegada dunha forte borrasca a partires de mañá decidimos suspender as actividades que iamos desenvolver o sábado e o domingo por Lourenzá, Mondoñedo e Trabada. Por seguridade e responsabilidade non podemos arriscarnos á hora de visitar o patrimonio natural e cultural destes concellos nin nas propias vilas nin a través dunha fraga”, explican desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña.
E engaden: “agardamos poder manter todas as rutas previstas para as vindeiras fins de semana de novembro, á vez que tentaremos buscar novas datas para as saídas que nos vemos na obriga de suspender neste momento”.
Desde a Mancomunidade sinalan que “para mañá está prevista a chegada a Galicia de Domingos,...
leer másA Mariña en Ruta seguirá os días 4 e 5 de novembro por Lourenzá, Mondoñedo e Trabada. A andaina prevista para mañá, día 1, en Xove: De Morás a Portocelo, os cantís esculpidos polo mar, foi aprazada por mor da mala previsión meteorolóxica.
A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Desde outubro e ata finais de novembro están programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado.
A pasada fin de semana, os días 28 e 29 de outubro, tiveron lugar a ruta a través de San Cibrao e o seu mar e a ruta dos Fornos e Mina Consuelo na Pontenova. “Esta edición do programa de visitas e rutas guiadas pola Mariña Lucense está a ter unha boa acollida, a...
leer másNas inmediacións da praza de abastos de Ribadeo desenvolvese o tradicional Mercado das Flores desde hoxe, domingo, e ata o vindeiro martes, 31 de outubro.
Moitas son as persoas que se achegan a algún dos postos dos produtores locais, que alí se atoparán instalados, para mercar as flores e os centros para Todos os Santos e Defuntos coas que despois adornarán os panteóns e os nichos dos seus seres queridos.
O Mercado das Flores está aberto entre as nove da mañá e as dúas da tarde.
O Concello de Cervo organiza actividades de Samaín para o martes 31 de outubro e o mércores 1 de novembro.
O martes ás 19:30 horas haberá contos terroríficos da man de Ángeles Goás na actividade titulada “Caldo con unto e osos de defunto”. Será nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración da asociación Airiños do Xunco.
E o mércores a partir das 18:00 horas na Casa do Mar terá lugar unha festa infantil de Samaín, na que haberá baile de disfraces, animación musical, talleres e outras actividades.
Ata o 15 de novembro está aberta a inscrición para participar no Mercado do Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 1 ao 10 de decembro na contorna da praza de abastos.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “desde o Concello xa estamos a organizar todas as actividades entorno ao Nadal e empezamos por este Mercado tradicional. Terá lugar do 1 ao 10 de decembro e este mítico e singular Mercado do Nadal preséntase como un espazo de cheo de oportunidades para todos os profesionais da artesanía, do deseño e da gastronomía. Vai funcionar como unha plataforma onde se visualiza perfectamente o traballo de cada profesional e o talento creativo”.
O rexedor subliñou que “como novidades este ano no Mercado do Nadal incrementamos os días de duración, collemos dúas fins de semana, que iso realmente é importante á hora das vendas, e...
leer másO Concello de Viveiro organiza unha serie de actividades para celebrar o Samaín orientadas ás e ós máis pequenos da casa. Ditas actividades terán lugar mañá, sábado, 28 de outubro, e o 31 de outubro, martes, e véspera do Día de Tódolos Santos.
Na xornada de mañá pola mañá haberá dous obradoiros temáticos de cara a esa festividade. Por unha banda, o obradoiro para elaborar monstros, de 11:00 a 12:30, e por outra banda, o obradoiro para elaborar casas fantasmagóricas, que terá lugar a continuación, de 12:30 a 14:00.
O primeiro deles está indicado para nenos e nenas de 4 a 7 anos, mentres que o segundo, pola súa banda, está dirixido ao grupo de 8 a 12 anos. Ambos terán lugar na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro.
Na xornada do martes 31 as persoas que asistan á sala multiusos do...
leer más