A asociación de desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza unha viaxe micolóxica a Monforte de Lemos o 21 de outubro. As persoas interesadas deben anotarse antes do 18 no 653 756 454 (Ricardo).
Haberá recolleita de setas, comida temática e visita guiada con J.L.Cuba.
A saída en bus desde O Barqueiro será ás sete da mañá e ás sete e cinco desde O Vicedo. Para aas 9:30 horas está programada a recolleita e identificación de setas. Desde a organización recomendan levar botas, cesto, navalla e auga.
Ás 14:30 horas será o xantar no restaurante Trespés. O menú consistirá en ensalada de porros e setas e xamón; croquetas de boletus; cachelo á brasa e zarrotada; guiso de patacas, níscalos e mexillóns; lomo de porco, pataca trufada, gulas de monte e castañas; flan de queixo e cantarelas. Haberá opción vexetariana e vegana.
E ás cinco da tarde terá lugar unha visita guiada ao museo do ferrocarril galego. O prezo con comida para os socios será de 35 euros e para os non socios de 55 euros. O prezo sen comida para os socios será de 10 euros e para os non socios de 30 euros.