Astronómica
A observación astronómica prevista para hoxe en Ribadeo queda posposta para o vindeiro domingo, 28 de agosto, por mor da climatoloxía adversa para a realización desta actividade.
A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, xunto co programa O teu Xacobeo organizan en varios concellos de Galicia o programa de astronomía A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do camiño.
En Ribadeo esta cita, coa que colabora o Concello, terá lugar finalmente este domingo, dia 28. Comezará as 21:00 horas na Casa do Mar cunha charla sobre temas astronómicos de interese. E despois haberá unha observación astronómica na Praia dos Bloques ás 21:45 horas coa que se completará unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas ao mesmo tempo que se goza dunha noite de verán...
leer másO 26 de agosto terá lugar unha observación astronómica en Ribadeo. A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, xunto co programa O teu Xacobeo organizan en varios concellos de Galicia o programa de astronomía A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do camiño.
En Ribadeo esta cita, coa que colabora o Concello, será o 26 de agosto. Comezará as 21:30 horas na Casa do Mar cunha charla sobre temas astronómicos de interese. E despois haberá unha observación astronómica na Praia dos Bloques as 22:15 horas coa que se completará unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas ao mesmo tempo que se goza dunha noite de verán.
As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo no correo electrónico sostibilidade@...
leer másQuedou aprazada para o 25 de agosto a observación astronómica prevista para o pasado venres “debido á mala previsión meteorolóxica para esta noite”, explican desde a Concellaría de Medio Ambiente.
Toda a actividade, é dicir a charla ás 21:30 horas no Teatro e a posterior observación astronómica na Praza de España, será o vindeiro día 25. Desde Medio Ambiente engaden que “si alguén mais se quere anotar aínda está tempo porque hai algún oco libre”. Deben facelo na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo (sostibilidade@ribadeo.org – 982 120 701).
Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que pertence á Universidade de Santiago de Compostela, e a Axencia de Turismo de Galicia coa que...
leer másO 13 de agosto terán lugar en Ribadeo unha charla e unha observación astronómica. Para poder asistir é necesario inscribirse na Área de Medio Ambiente do Concello.
Desde a Concellaría de Medio Ambiente explican que “como en anos anteriores, temos prevista unha actividade de astronomía o 13 de agosto. Consistirá nunha conferencia ás 21:30 no Teatro e posteriormente unha observación astronómica na Praza de España. Debido á situación sanitaria actual é importante que as persoas que desexen acudir se inscriban na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo (sostibilidade@ribadeo.org – 982 120 701)”.
Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que pertence á Universidade de Santiago de...
leer másEste domingo, 19 de agosto, terá lugar unha observación astronómica en Ribadeo.Será ás 22 horas.
A actividade terá lugar na praza de España e está aberta a todo o público. Inicialmente estaba programada para onte, xoves, pero non se puido realizar debido ao estado do ceo.
Enmarcada na campaña Todo Cosmos - A astronomía ao alcance de tod@s estas observacións astronómicas lévanse a cabo coa colaboración do Ministerio de Ciencia, a través da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, e a Universidade de Santiago.
Ribadeo acollerá dúas observacións astronómicas os días 14 e 30 de agosto. Serán na praza de España.
Ribadeo será escenario de dúas observacións astronómicas nos vindeiros días, tal e como ven ocorrendo desde hai anos durante o verán.
Este programa desenvólvese baixo o título Todo Cosmos, a astronomía ao alcance de tod@s.
As observacións astronómicas terán lugar os días 14 e 30 deste mes. Serán a partires das 22:00 horas na Praza de España e están abertas a todo o público que desexe participar.
Organizan esta actividade: Concello de Ribadeo, a través da Delegación de Sostibilidade Ambiental, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Española para la Ciencia y la Tecnología.