A parroquia cervense de Rúa celebra as súas festas da Candelaria do 2 ao 4 de febreiro.
O venres 2 a partir das 12:30 horas haberá misa solemne acompañada polo Coro de Cervo e despois sesión vermú amenizada polo grupo La Bamba, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Marbella e o DJ Litainer .
O sábado empezarán as actividades ás 12:30 horas con misa solemne cantada polo Coro de Cervo. Despois haberá sesión vermú co dúo La Hora Bruja e pola noite na verbena actuarán as orquestras Finisterre e Fania Blanco Show.
E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada polo Coro de Cervo e a continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Fénix.
Estes festexos están organizados pola Comisión de Festas de Rúa coa colaboración da comunidade de montes veciñais en man común da parroquia e do Concello de Cervo.