Eventos
01/03/2015
La asociación Atalaia, de Ribadeo, "siempre en contra de cualquier tipo de discriminación positiva o negativa, les invita a asistir al homenaje que haremos a dos mujeres, representantes del colectivo emigrante: una emigrada a Uruguay y la otra a Suiza, aunque ambas trabajaron también en España. Son Hortensia Pimentel y Concha Redondo".
Dicho homenaje se realizará en el local del Lavadoiro dos Fornos a las 18:00 horas del próximo jueves, 5 de marzo.
28/02/2015
A Concellería de Muller e Igualdade e o CIM organizan diversas actividades para conmemorar o Día da Muller, que se celebra o 8 de marzo. En Burela hai actos programados para os vindeiros venres e sábado (6 e 7 de marzo).
Segundo explican desde a Concellería de Igualdade e Muller “o venres, 6 de marzo, teremos un encontros lúdicos, deportivos e terapéuticos, dirixidos a mulleres e ás súas fillas e fillos menores, co fin de reforzar vínculos materno-filiais e socio-afectivos, reforzando o ocio e tempo libre conxunto de nais e fillos/as”. Esta 1º xornada terá lugar nos CEIPs do Concello con alumnado de terceiro ciclo: no Vista Alegre de 10 a 11 da mañá e no Virxe do Carme de 12:15 a 13:15 do mediodía. Para a realización destas actividades o Concello conta coa colaboración sa...
leer más 27/02/2015
O Concello de Cervo e as asociacións Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras e Mulleres de San Ciprián deron a coñecer hoxe os actos previstos para o Día da Muller Traballadora, que se van celebrar o 7 de marzo.
Un programa no que traballaron de forma conxunta o goberno local e as tres entidades e que ten como resultado un día completo con actividades durante toda a tarde e que se prolongarán ata a noite. O alcalde, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada, a presidenta de Mulleres de San Ciprián, Amparo Pernas, e a tesoureira das Espalladoras, Raquel Ferreira participaron na presentación.
Os actos comezarán ás 17:30 horas na Casa do Mar, co Café Bombón. Ademais, durante a tarde haberá sesión de fotos con photocall. A...
leer más 25/02/2015
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha viaxe a Portugal do 1 ao 3 de maio deste ano 2015 para facer a ruta de Póvoa de Varzim a Esposende.
Sairán da vila focense o día 1 de maio, venres, ás oito da mañá. O prezo para os socios do colectivo organizador é de 150 euros mentres que os non socios que participen nesta actividade deberán pagar 175 euros.
24/02/2015
A Casa da Cultura de Foz acollerá o vindeiro venres, 27 de febreiro, a presentación do DVD Foz, onte e hoxe, con fotos antigas e actuais do arquivo persoal de Xesús do Breogán.
Na presentación do DVD, que terá lugar a partir das 20:30 horas, participarán José Carlos Paleo, presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, e Xesús do Breogán. O acompañamento musical desta reportaxe foi obra de Francisco Javier Alonso Navarro (Chingla).
Do DVD foron editadas 500 copias por Acia/CCA Foz das que 300 se destinan a fins solidarios. A protectora de animais recibirán 100 copias, Cáritas recibirá outras 100 e o Banco de Alimentos Local outras 100 copias, que todos estes colectivos venderán ao prezo de 3 euros. Os...
leer más 23/02/2015
A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro informa que o vindeiro 28 de marzo celébrase o Mercado Tradicional Anual de Primavera de O Valadouro no que contarán con numerosa actividade polas rúas de Ferreira.
Segundo explican desde o Concello “este mercado pretende recuperar, ó igual que se facía antano, os postos de venda ambulante que tiñamos por aquel entón. Por este motivo, ábrese un prazo de inscrición ata o vindeiro 13 de marzo de 2015 ás 20:00 horas. Poderán inscribirse todo tipo de artesáns, produtores de horta e do campo, ferreiros, zoqueiros, cesteiros, … chamando ó teléfono 982.57.15.16 ou nas oficinas da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro”.
Tamén como motivo do Mercado Anual, vaise celebrar un taller de...
leer más 23/02/2015
O Concello de Mondoñedo organiza varios actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro, que terán lugar o vindeiro xoves, 26 de febreiro, a mediodía.
Ás 12 da mañá terá lugar unha ofrenda floral. Ás 12:30 horas haberá unha lectura popular da obra cunqueiriana “Si o vello Simbad volvese ás illas”, no auditorio municipal Pascual Veiga. Segundo informan desde o Concello o inicio da mesma correrá a cargo do novo Cronista Oficial da Cidade, Antonio Reigosa Carreiras. E para as 13 horas está programado un concerto a cargo de César Morán, tamén no auditorio municipal de Mondoñedo.
22/02/2015
O vindeiro mércores, 25 de febreiro, e dentro do ciclo de cine #Palestina que organiza o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira en colaboración coa Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, proxectaranse en Viveiro dúas películas máis. Trátase do documental “Jenin, Jenin” e da curtametraxe “Lesh Sabreen ?”.
“Lesh sabreen?”, ( Muayad Alayan, 2009 ) é unha curtametraxe sobre unha xove parella do barrio palestino do oeste de Xerusalén que ten que se enfrentar a problemas económicos, actitudes conservadoras e ás consecuencias da ocupación israelí.
“Jenin, Jenin”, ( Muhammad Bakri, 2002 ), espertou unha tormenta en Israel e até chegou ao Tribunal Supremo que tomou a decisión de prohibir a súa estrea. A película trata dos feitos de jenin...
leer más 20/02/2015
Esta fin de semana celébrase no municipio unha concentración promovida pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) coa colaboración do Concello de Cervo. Un evento no que participarán unhas 80 autocaravanas e unhas 200 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia, que se xuntarán na praza dos Campos dende hoxe e ata o domingo.
Uns días nos que os propietarios dos vehículos e as familias percorrerán o municipio, visitando a fábrica de Sargadelos, o Conxunto Histórico Artístico ou a carpintería de ribeira entre outros puntos emblemáticos. Ademais, cabe destacar que o domingo pola mañá haberá unha xornada de portas abertas na que algunhas caravanas abrirán as súas portas en exposición para o público que as queira visitar.
Entre...
leer más 19/02/2015
O Concello, en colaboración con Radio Burela, organiza a proxección da película A Esmorga. Será na Casa da Cultura este venres e este sábado.
O venres, 20 de febreiro, haberá pola mañá proxeccións para os institutos da localidade e ás 20:30 horas será o primeiro dos pases para todo o público. Xa o sábado, día 21, haberá dous pases un ás 17:30 horas e outro ás 20:30 horas. Antes deste segundo terá lugar un coloquio no que participará o director do filme Ignacio Vilar.
A Esmorga está protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris”.