Eventos
25/02/2015
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha viaxe a Portugal do 1 ao 3 de maio deste ano 2015 para facer a ruta de Póvoa de Varzim a Esposende.
Sairán da vila focense o día 1 de maio, venres, ás oito da mañá. O prezo para os socios do colectivo organizador é de 150 euros mentres que os non socios que participen nesta actividade deberán pagar 175 euros.
24/02/2015
A Casa da Cultura de Foz acollerá o vindeiro venres, 27 de febreiro, a presentación do DVD Foz, onte e hoxe, con fotos antigas e actuais do arquivo persoal de Xesús do Breogán.
Na presentación do DVD, que terá lugar a partir das 20:30 horas, participarán José Carlos Paleo, presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, e Xesús do Breogán. O acompañamento musical desta reportaxe foi obra de Francisco Javier Alonso Navarro (Chingla).
Do DVD foron editadas 500 copias por Acia/CCA Foz das que 300 se destinan a fins solidarios. A protectora de animais recibirán 100 copias, Cáritas recibirá outras 100 e o Banco de Alimentos Local outras 100 copias, que todos estes colectivos venderán ao prezo de 3 euros. Os...
leer más 23/02/2015
A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro informa que o vindeiro 28 de marzo celébrase o Mercado Tradicional Anual de Primavera de O Valadouro no que contarán con numerosa actividade polas rúas de Ferreira.
Segundo explican desde o Concello “este mercado pretende recuperar, ó igual que se facía antano, os postos de venda ambulante que tiñamos por aquel entón. Por este motivo, ábrese un prazo de inscrición ata o vindeiro 13 de marzo de 2015 ás 20:00 horas. Poderán inscribirse todo tipo de artesáns, produtores de horta e do campo, ferreiros, zoqueiros, cesteiros, … chamando ó teléfono 982.57.15.16 ou nas oficinas da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro”.
Tamén como motivo do Mercado Anual, vaise celebrar un taller de...
leer más 23/02/2015
O Concello de Mondoñedo organiza varios actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro, que terán lugar o vindeiro xoves, 26 de febreiro, a mediodía.
Ás 12 da mañá terá lugar unha ofrenda floral. Ás 12:30 horas haberá unha lectura popular da obra cunqueiriana “Si o vello Simbad volvese ás illas”, no auditorio municipal Pascual Veiga. Segundo informan desde o Concello o inicio da mesma correrá a cargo do novo Cronista Oficial da Cidade, Antonio Reigosa Carreiras. E para as 13 horas está programado un concerto a cargo de César Morán, tamén no auditorio municipal de Mondoñedo.
22/02/2015
O vindeiro mércores, 25 de febreiro, e dentro do ciclo de cine #Palestina que organiza o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira en colaboración coa Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, proxectaranse en Viveiro dúas películas máis. Trátase do documental “Jenin, Jenin” e da curtametraxe “Lesh Sabreen ?”.
“Lesh sabreen?”, ( Muayad Alayan, 2009 ) é unha curtametraxe sobre unha xove parella do barrio palestino do oeste de Xerusalén que ten que se enfrentar a problemas económicos, actitudes conservadoras e ás consecuencias da ocupación israelí.
“Jenin, Jenin”, ( Muhammad Bakri, 2002 ), espertou unha tormenta en Israel e até chegou ao Tribunal Supremo que tomou a decisión de prohibir a súa estrea. A película trata dos feitos de jenin...
leer más 20/02/2015
Esta fin de semana celébrase no municipio unha concentración promovida pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) coa colaboración do Concello de Cervo. Un evento no que participarán unhas 80 autocaravanas e unhas 200 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia, que se xuntarán na praza dos Campos dende hoxe e ata o domingo.
Uns días nos que os propietarios dos vehículos e as familias percorrerán o municipio, visitando a fábrica de Sargadelos, o Conxunto Histórico Artístico ou a carpintería de ribeira entre outros puntos emblemáticos. Ademais, cabe destacar que o domingo pola mañá haberá unha xornada de portas abertas na que algunhas caravanas abrirán as súas portas en exposición para o público que as queira visitar.
Entre...
leer más 19/02/2015
O Concello, en colaboración con Radio Burela, organiza a proxección da película A Esmorga. Será na Casa da Cultura este venres e este sábado.
O venres, 20 de febreiro, haberá pola mañá proxeccións para os institutos da localidade e ás 20:30 horas será o primeiro dos pases para todo o público. Xa o sábado, día 21, haberá dous pases un ás 17:30 horas e outro ás 20:30 horas. Antes deste segundo terá lugar un coloquio no que participará o director do filme Ignacio Vilar.
A Esmorga está protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris”.
18/02/2015
A Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras e o Concello de Cervo presentaron hoxe o cartel e o programa do Entroido de San Román que terá lugar este sábado. No acto estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, a de Cultura, Begoña Alonso, a presidenta das Espalladoras, Inés Cobas e a tesoureira, Raquel Ferreira, entidade que organiza os eventos e coa que colabora o Concello así como a Asociación de Montes de San Román e a Fundación Alcoa.
En canto ás actividades, comezarán ás 22:30 horas no pavillón da parroquia co desfile de disfraces e o concurso, no que se repartirán ata 1.500 euros en premios repartidos nas categorías individual, parellas, grupos, comparsas (máis de 10 persoas) e charangas (con instrumentos musicais...
leer más 17/02/2015
Están á venda no Bar Central e no Rincón de Mondoñedo as tarxetas para asistir á cea baile do vindeiro sábado, 21 de febreiro, no Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo. Os asistentes degustarán: sopa de cocido, cocido, orellas e roscas, os viños serán albariño e rioja e haberá tamén café e chupitos. O prezo por comensal é de 20 euros.
Desde a organización informan que haberá dous premios en cada unha das seguintes categorías: grupos, parellas e individuais. A festa estará amenizada polo dúo Diamantes.
16/02/2015
O vindeiro domingo, día 22, será o día grande do Entroido 2015 en Lourenzá coa celebración do tradicional desfile de Piñata, no que se repartirán 4.000 euros en premios. O evento foi presentado hoxe pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e representantes da xunta directiva da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá (ACIAL).
A rexedora municipal explicou que “o desfile, como nos anos anteriores, está organizado pola asociación de comerciantes de Lourenzá e polo Concello. Repartiranse 4.000 euros en premios, dos que 2.000 son aportados polo Concello e os 2.000 restantes pola asociación de comerciantes. Os premios divídense entre infantís, adultos, charangas e comparsas. Son 1.190 euros para os nenos, 1.325 para adultos, 600 para charangas e 750 para...
leer más