A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro informa que o vindeiro 28 de marzo celébrase o Mercado Tradicional Anual de Primavera de O Valadouro no que contarán con numerosa actividade polas rúas de Ferreira.
Segundo explican desde o Concello “este mercado pretende recuperar, ó igual que se facía antano, os postos de venda ambulante que tiñamos por aquel entón. Por este motivo, ábrese un prazo de inscrición ata o vindeiro 13 de marzo de 2015 ás 20:00 horas. Poderán inscribirse todo tipo de artesáns, produtores de horta e do campo, ferreiros, zoqueiros, cesteiros, … chamando ó teléfono 982.57.15.16 ou nas oficinas da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro”.
Tamén como motivo do Mercado Anual, vaise celebrar un taller de decoración de zocas (totalmente de balde) o sábado 7 e o domingo 8 de marzo de 17:00 a 19:00h previa inscrición chamando ó teléfono 982.57.15.16 ou nas oficinas da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro.