Eventos

Etiquetas:
04/02/2015
Ribadeo celebrará este sábado, 7 de febreiro, o día mundial dos humidais cun programa de actos que inclúe unha conferencia e unha ruta pola ría.
 
O Concello de Ribadeo celebrará este sábado, 7 de febreiro, o Día Mundial dos Humidais, cunha programación centrada en resaltar e protexer a natureza e o hábitat ornitolóxico da ría de Ribadeo. Os actos inclúen a celebración dunha conferencia a cargo de José Mª Fernández Díaz – Formentí, autor do libro A Ría de Ribadeo: natureza entre dúas augas. A charla terá lugar ás 12:00 horas na Casa da Xuventude de Ribadeo. Posteriormente, ás 15:30 horas, levarase a cabo unha ruta guiada pola ría que contará coas explicacións de dous bloguers especializados na ría de Ribadeo: Enrique Sampedro e Óscar Chao. Os interesados en participar nesta ruta deberán anotarse previamente nos teléfonos 982 128 689 (Oficina de Turismo de Ribadeo) ou 982 128 650 (Área de Desenvolvemento Local).
Tal e...
leer más
04/02/2015
Os actos do Entroido de Viveiro 2015, organizado polo Concello, empezarán o sábado 14 e rematarán o mércores 18 de febreiro.
 
Os actos do Entroido de Viveiro 2015, que organiza o Concello, empezarán o 14 de febreiro, sábado, e rematarán o día 18 deste mes, mércores.
A primeira actividade será o Certame de Alpuxarradas, que terá lugar no teatro Pastor Díaz o sábado 14 a partir das 20 horas. Contará coa actuación da charanga Tastarabás. O luns 16 será o día infantil, no que haberá xogos para nenos e nenas na Praza Maior de 16:30 a 20:30 horas, discoteca móbil dende as 18 ás 21 horas e pasarrúas a cargo da charanga Tastarabás. O martes 17 celebrarase o desfile pola Travesía da Mariña, que empezará ás 17 horas. Ao rematar farase a entrega de premios na Praza Maior.
Os actos rematarán o mércores 18 co Enterro da Sardiña. Ás 12 horas haberá a recepción de...
leer más
03/02/2015
A comisión organizadora do Entroido 2015 en Ribadeo anima á hostalería a participar activamente nesta cita o 16 de febreiro servindo cocido nos seus locais
 
A comisión organizadora do Entroido 2015 en Ribadeo potenciará esta festa a través das redes sociais e anima á hostalería e ao comercio a participar activamente nesta cita, porque son varios os premios que estarán en xogo. 
Desde a comisión organizadora sinalan que “o que queremos é que hostaleiros se impliquen no Entroido servindo cocido nos seus locais o luns, 16 de febreiro, porque ese día imos facer un concurso nas redes sociais. Deste xeito pretendemos que eses establecementos e os seus clientes suban as súas fotos a un perfil de facebook, que imos crear, para visualizar da maior e mellor forma posible o noso Entroido. Queremos darlle máis dinamismo e modernidade e animar á xente a que saia disfrazada á rúa e a que viva o Entroido ribadense. Animamos tamén aos...
leer más
Etiquetas:
03/02/2015
Arrincou o Entroido en Foz. Haberá actividades ata o vindeiro 20 de febreiro.
 
Coa cea baile de coroación da raíña do Entroido, celebrada o pasado sábado no pavillón do colexio Martínez Otero, comezaron os actos do Entroido de Foz 2015, que se desenvolverán ata o día 20 deste mes.
A seguinte actividade programada é a cea baile de comadres que terá lugar na Sala Bahía o día 12 deste mes, xoves, a partir das 21:30 horas. Na xornada seguinte celebrarase o pregón do Entroido, que correra a cargo do grupo Pernas do Centiño, o concurso de coplas e unha macrobatukada.
O sábado 14 será o día grande do Entroido focense co desfile, no que se repartirán 7.000 euros en premios, chocolatada no Campo da Cabana e despois baile na Sala Bahía coas orquestras Marbella e Jerusalén. O domingo 15 e o martes 17 haberá bailes...
leer más
Etiquetas:
30/01/2015
A programación cultural de Ribadeo inclúe para os vindeiros meses as actuacións de Amancio Prada e Sés, entre outros

 

Hoxe segue a programación cultural do Concello de Ribadeo para o primeiro trimestre do ano. Será co concerto de Oh Trío ás 21 horas no Teatro, dentro do ciclo das Músicas Posíbeis. Estre grupo presenta o seu novo traballo discográfico baseado en melodías tradicionais do Cancioneiro Galego de E.Martínez Torner / J.Bal y Gay. E a oferta para os máis pequenos iníciase do domingo, 1 de febreiro, ás 17.30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval con R. Redrum Teatro que presenta Roedores, unha fábula sobre a igualdade e a superación das diferenzas. 

Segundo explica a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, “a oferta estable no ámbito teatral ten polo menos outros 3 títulos ata o mes de xuño aos  que previsiblemente se sume algún máis. En cartel estará Pequenos actos...

leer más
Etiquetas:
23/01/2015
O Concello de Ribadeo presentará o 29 de xaneiro en Madrid, na Casa de Galicia, a súa nova campaña turística #Ribadeoxqsí.

 

#Ribadeoxqsí é o slogan da campaña de promoción turística que o Concello presentará en Madrid coincidindo coa Feira Internacional de Turismo, que dará comezo o vindeiro mércores, 28 de xaneiro. Na Casa de Galicia terá lugar o acto principal o día 29 ás 20 horas. Alí presentarase a páxina web de Turismo, o novo vídeo de promoción de Ribadeo e a campaña coa que Ribadeo se presenta vivo na rede. Ana Martínez, a concelleira de Turismo, sinala que "aproveitando o tirón mediático no que se atopa na actualidade inmerso Ribadeo, e con motivo da celebración dunha das feiras máis importantes a nivel mundial: Fitur 2015, Ribadeo presentarase ao mundo coma destino turístico con entidade propia e firme, un destino moderno, dinámico e actual, pero sempre tendo en conta a súa tradición e o seu forte vínculo co mar coma potencia...

leer más
Etiquetas:
16/01/2015
Foz comezará o seu Entroido 2015 o sábado 31 de xaneiro celebrando unha cea-baile na que se coroará a Sandra Rey como raíña das festas.

 

O Concello de Foz ven de anunciar que comezará os seus actos de celebración do Entroido 2015 o sábado 31 de xaneiro. Ese día levarase a cabo a coroación da raíña do Entroido na vila, recoñecemento que este ano recaeu na rapaza focense Sandra Rey Oliveros. O acto de coroación terá lugar nunha cea que se celebrará a partir das 22:00 horas no pavillón do Colexio Martínez Otero, coma ven sendo habitual nos últimos anos. A cea estará composta de pratos típicos do Entroido e terá un custo de 23 euros. Posteriormente levarase a cabo un baile amenizado polo Dúo Epo-K, no que, como novidade este ano, só poderán participar os asistentes á cea. Os interesados poden anotarse antes do 29 de xaneiro na Delegación de Cultura do Concello de Foz.

O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo,...

leer más
Etiquetas:
30/12/2014
Barreiros celebrará o vindeiro 5 de xaneiro a súa tradicional Cabalgata dos Reis coa instalación dun nacemento vivente no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

 

O Concello de Barreiros celebrará o vindeiro luns, 5 de xaneiro, a súa tradicional Cabalgata dos Reis. O acto completarase coa instalación dun nacemento vivente que estará aberto ao público a partir das 20:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ata alí achegaranse, a partir das 20:30 horas, as maxestades reais para visitar este nacemento e para deixar os seus agasallos. Dende a Concellería de Cultura e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros, organizadoras da actividade, así coma dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, colaboradora do evento, agradecen a participación dos mozos e voluntarios que fan posible este nacemento e animan a tódolos veciños de Barreiros a acudir a esta tradicional cita.

 

Etiquetas:
26/12/2014
Foz inaugura esta tarde o seu cuarto Mercado da Ilusión. Estará aberto na Rúa Xoán Montes ata o martes 30 de decembro, en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00 horas.

 

O Mercado da Ilusión de Foz abre a partir das 17:30 horas desta tarde as súas portas na rúa Xoán Montes. Nel participarán sete artesáns que poñerán a venda os seus produtos, ata o martes 30 de decembro, noutras tantas casetas de madeira decoradas especialmente para a ocasión con motivos de Nadal. O Mercado da Ilusión focense chega así a súa cuarta edición e poderá visitarse de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que "no día de hoxe inauguraremos o Mercado da Ilusión de Nadal, que organiza o Concello de Foz. Será a partir das 5 e media da tarde na rúa Xoán Montes, cun cambio de situación que quixemos facer para tratar de levar o mercado preto das dúas rúas máis comerciais de Foz: a Avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro. A rúa Xoán Montes é peonil e une estas...

leer más
Etiquetas:
23/12/2014
A programación de Nadal do Concello de Lourenzá empeza hoxe coa visita de Papá Noel e continuará ata o 5 de xaneiro, día en que se celebrará a tradicional Cabalgata dos Reis Magos.

 

A Concellería de Educación e Cultura de Lourenzá acaba de presentar a súa programación lúdica de Nadal para os máis pequenos. Entre os actos máis importantes destacan: a visita de Papá Noel á vila hoxe, martes, 23 de decembro; a realización de diferentes obradoiros de xogos no Ximnasio Multiusos, os días 22, 23, 26, 29 e 30; a actuación de Cantos de Nadal, o domingo 28 de decembro na Igrexa de Santa María de Valdeflores; e a petición do aguinaldo por parte dos nenos laurentinos, o luns 2 de xaneiro, nos diferentes comercios e domicilios particulares da vila. Os actos rematarán coa celebración da tradicional Cabalgata dos Reis Magos o luns 5 de xaneiro, que partirá da parroquia de San Xurxo para percorrer primeiro o val de Lourenzá e chegar finalmente a Vilanova ás 18:30 horas para levar a cabo o desfile polas rúas da...

leer más