Eventos
Hoxe segue a programación cultural do Concello de Ribadeo para o primeiro trimestre do ano. Será co concerto de Oh Trío ás 21 horas no Teatro, dentro do ciclo das Músicas Posíbeis. Estre grupo presenta o seu novo traballo discográfico baseado en melodías tradicionais do Cancioneiro Galego de E.Martínez Torner / J.Bal y Gay. E a oferta para os máis pequenos iníciase do domingo, 1 de febreiro, ás 17.30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval con R. Redrum Teatro que presenta Roedores, unha fábula sobre a igualdade e a superación das diferenzas.
Segundo explica a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, “a oferta estable no ámbito teatral ten polo menos outros 3 títulos ata o mes de xuño aos que previsiblemente se sume algún máis. En cartel estará Pequenos actos...
leer más
#Ribadeoxqsí é o slogan da campaña de promoción turística que o Concello presentará en Madrid coincidindo coa Feira Internacional de Turismo, que dará comezo o vindeiro mércores, 28 de xaneiro. Na Casa de Galicia terá lugar o acto principal o día 29 ás 20 horas. Alí presentarase a páxina web de Turismo, o novo vídeo de promoción de Ribadeo e a campaña coa que Ribadeo se presenta vivo na rede. Ana Martínez, a concelleira de Turismo, sinala que "aproveitando o tirón mediático no que se atopa na actualidade inmerso Ribadeo, e con motivo da celebración dunha das feiras máis importantes a nivel mundial: Fitur 2015, Ribadeo presentarase ao mundo coma destino turístico con entidade propia e firme, un destino moderno, dinámico e actual, pero sempre tendo en conta a súa tradición e o seu forte vínculo co mar coma potencia...
leer más