A delegación de Peregrinacións, piedade popular, santuarios e Camiño de Santiago da Diocese Mondoñedo-Ferrol, a través dunha comisión especial, será a encargada de organizar a peregrinación diocesana á cidade de Tui, co gallo da ordenación episcopal do ribadense Antonio Valín Valdés, ata o de agora vigairo xeral de Mondoñedo-Ferrol e nomeado recentemente bispo de Tui-Vigo.
A viaxe terá lugar o sábado 20 de xullo e o prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de xuño, sen límite de prazas. O desprazamento farase en autocar, cun prezo aproximado de 35 euros por persoa, incluíndo a comida.
As persoas que desexen participar nesta peregrinación terán que contactar con calquera dos seguintes números de teléfono: zona da Mariña (Foz e Ribadeo), 678.312.109; zona de Ferrol, 639.903.393; zona de Terra Chá, 628.233.900; zona de Narón e Neda, 659.920.053; zona de San Sadurniño, 666.953.450; información xeral, 639.903.393 (delegación)
A cerimonia de ordenación terá lugar na catedral de Tui o 20 de xullo ás 11:00 horas.