Na XI Festa Castrexa de Burela haberá unha cea parrillada o domingo 23

Entre as actividades da décimo primeira edición da Festa Castrexa de Burela haberá unha cea parrillada, que se celebrará o domingo, día 23 de xuño, desde as 21:00 horas na Praza do Concello.

“Vamos poder disfrutar dunha gran churrascada e sardiñada acompañada de fogueira e moitas outras actividades que iremos anunciando nos próximos días. Xa tedes dispoñibles os tickets de venta anticipada, a 8 euros, para a cea de San Xoán en Alain Afflelou, Peluquería Campón, Mercería Paca e Tienda Azor. Podedes conseguilos ata o vindeiro Xoves 20 de xuño. O mesmo día da festa o número de tickets (a 10 euros) que teremos á venta será moi limitado”, anuncia a organización, que corre a cargo da asociación Burela Castrexa.