Figueiras, en Mondoñedo, celebra a festa de San Martiño este sábado, 9 de novembro

A parroquia de Figueiras, no concello de Mondoñedo, celebrará a festa na honra a San Martiño este sábado, día 9 de novembro

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Fénix, que tamén amenizará na verbena.

O campo da festa estará cuberto con carpa.