A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, de Burela, inicia as actividades para celebrar o seu 50 aniversario cunha cea que se celebrará o día 22 de novembro, venres, ás 22:00 horas. As prazas son limitadas e prazo para comprar os tickets remata o 19 de novembro.
A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, de Burela, anuncia que “50 anos atrás un grupo de xente traballaba en Burela pola creación dunha asociación coa finalidade de promover actividades socioculturais na vila. E xa que chegamos ata aquí queremos compartir esa celebración con tódalas persoas que desexen acompañarnos. Os primeiros actos serán unha cea conmemorativa o 22 de novembro no Hotel Nordés e unha misa en recordo das moitas persoas que faltan o 1 de decembro”.