O primeiro Torneo de Fútbol Base Concello do Valadouro disputarase o 14 de setembro

A Concellería de Deportes presenta o I Torneo de Fútbol Base Concello do Valadouro, que se disputará o día 14 de setembro, sábado, no Campo do Árbol, en Ferreira do Valadouro. Será de fútbol 8 para categorías alevín, prebenxamín e benxamín.

Este evento deportivo está organizado Concellería de Deportes do Concello do Valadouro e colaboran a Asociación Deportiva Río Ouro e a Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.