A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta por Riotorto o 14 de setembro

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta dos Regos e das Fontes, no concello de Riotorto, para o día 14 de setembro, sábado. A distancia a percorrer son 8 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Meira.

A saída será ás 10:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 11 de setembro, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.