O 22 de setembro terá lugar o Trail Penedo do Galo, que organiza a ADC Alboi, de Viveiro

A A.D.C. Alboi de Viveiro organiza o Trail Penedo do Galo. A proba terá lugar o domingo 22 de setembro.

O Trail Penedo do Galo consistirá en 15 km. de andaina, 750 mt+, 18´5 km. de trail e 850 mt+.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición en www.galitiming.com e obter máis información no whatsapp 603 34 89 37, no correo electrónico alboiadc@gmail.com, en facebook AdcALBOI e en instagram adcalboi.

O Concello de Viveiro e Protección Civil colaboran na organización desta actividade.