Deportes
Haberá tamén transporte gratuíto para nenos e nenas que acudan a cursos de natación en Ribadeo
O Concello de Trabada retoma as actividades deportivas dirixidas a persoas adultas de diferentes idades, co obxectivo de promover os hábitos de vida saudables.
En concreto, o concello informa aos seus veciños e veciñas que dende o martes 4 de outubro reanúdase o programa “+ SÁUDE”, dirixido ás persoas maiores do municipio.
“É un programa gratuíto e que levaremos ás parroquias do concello coa finalidade de facilitar o acceso de tódolos veciños e veciñas. A finalidade desta iniciativa é a de promover a autonomía das persoas maiores, e en consecuencia, mellorar a súa calidade de vida”, explica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez
Por outra banda, o Concello de Trabada...
leer másO Concello de Burela informa da apertura do período de inscrición para as Escolas Deportivas do próximo curso 2022-2023, que será do luns 26 ao mércores 28 de setembro.
Como en anteriores anos, as actividades ofertadas son rutas en bici, tenis e patinaxe lúdico. Nas rutas percorrerán sobre rodas distintos puntos do concello, establecendo dous grupos por nivel e idades, luns e mércores de 15:30 a 17 horas. O pavillón dos Castros será o espazo onde se desenvolva a escola de tenis todos os martes de 15:30 a 16:30 horas. Neste mesmo lugar tamén se impartirá patinaxe lúdico os xoves de 15:30 a 17:30 horas, con dous grupos de traballo de máximo 15 persoas.
A ficha de inscrición, que se pode atopar na web municipal, deberase entregar xunto coas fotocopias do DNI do pai/nai/titor legal e do Libro de Familia do 26 ao 28...
leer másAta o 30 de setembro estará aberto o praza de matrículas nas escolas deportivas de inverno, que organiza o Concello de Ribadeo. Vanse impartir once modalidades.
A concelleira Mónica Freire explica que “outro ano máis vimos de abrir o prazo de matrícula das escolas deportivas desde onte, luns, e ata o día 30 deste mes. O inicio das actividades da comezo entre esta semana e o 14 de outubro. E o fin das escolas está programado entre o 19 de maio e o 14 de xuño”.
A edil ribadense sinala que “este ano son once as modalidades deportivas ofertadas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hóckei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, ximnasia rítmica e tenis de mesa. As escolas deportivas de inverno están destinadas a nenas e nenos nados desde 2009 a 2018, ambos incluídos. Nas que teñen límite de prazas realizarase...
leer másO Concello de Cervo abre o próximo o luns 19 de setembro o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais ofrecendo un amplo abanico de actividades, pensadas para todos os públicos.
Os pequenas e pequenas poderán asistir a actividade de multideporte, patinaxe artística, ximnasia rítmica, volei e balonman, esta última como novidade.
O concello sigue como cada ano con actividades pensadas para as persoas adultas que poderán anotarse a fit-dance, ioga, pilates ou ximnasia de mantemento; que se impartirán na Casa do Mar, en San Ciprián, e tamén no edifcio anexo ao Concello en Cervo.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura en horario de 09:00H a 15:00H e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da...
leer másA I Carreira Popular Alfoz-Valadouro terá lugar o 9 de outubro con saída no Castelo de Castrodouro de Alfoz e remate no Pavillón Municipal de Ferreira do Valadouro.
Organizada a través dun convenio ente ambos municipios, sendo o Concello de Alfoz o organizador principal en 2022 e alternándose en anos sucesivos, contando coa total coordinación e colaboración das respectivas Concellarías de Deportes e os seus responsables Eliseo Teijeiro no Valadouro e César Marrube en Alfoz.
Destacamos ademais a colaboración de Manuel Otero , Xefe do Servizo de Deportes de Lugo da Xunta de Galicia, para a realización deste evento deportivo quen acudiu á presentación da I Carreira Popular Alfoz-Valadouro 2022
Desde o Concello “agradecemos tamén a Manuel Eiras, responsable da Run Foz Run a súa axuda e...
leer másViveiro acolle este sábado, día 17 de setembro, a XXXIV Marcha Cicloturista Concello de Viveiro.
Trátase dunha proba non competitiva, que sairá da praza Maior ás 15.00 horas e finalizará no Monte San Roque, previsiblemente ás 19:00 horas.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, estivo con membros da Peña Ciclista Lar Viveiro presentando a marcha.
É unha proba inscrita no Calendario Oficial da Federacion Galega de Ciclismo. Está prevista a asistencia duns 200 participantes, que deberán ser maiores de 16 anos.
“Quero agradecer o traballo da peña Lar viveiro, organizando unha marcha que transcorre por estradas dos concellos de Viveiro, Xove, Cervo, O Valadouro e Ourol, combinando deporte e natureza”, explicou Loureiro.
O Concello de Alfoz abre o vindeiro luns, 19 de setembro, o prazo de inscrición para participar en actividades deportivas para adultos, concretamente nas modalidades de aerobic, ximnasia de mantemento e ioga. As solicitudes deben entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ata o 26 de setembro. As prazas son limitadas e por rigorosa orde de entrada en rexistro. As actividades comezarán no mes de outubro e rematarán a finais de maio.
A ximnasia de mantemento será luns e mércores de 18:30 a 19:30 horas no pavillón municipal. O ioga desenvolverase na Escola de Nenos de Adelán e haberá dous grupos: un os martes e xoves e de 17:00 a 18:00 horas; e o outro os luns de 17:00 a 18:00 horas. E o aeróbic será no pavillón municipal os luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas.
Os interesados en máis información poden chamar...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta ao Val do Dubra para este domingo, 18 de setembro. Trátase da ruta PR-G202 Fervenza do Rexedoiro. A saída desde Foz será ás 06:45 horas e ás 07:00 horas desde Ferreira do Valadouro.
Esta actividade inclúe o xantar e os prezos son: 50 euros para socios federados, 54 euros para socios non federados e 58 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata este martes, 13 de setembro, e pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Todo está listo para a celebración da VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de setembro. A inscrición péchase mañá.
A proba partirá das inmediacións do Concello e discorrerá por todo o litoral ribadense ata chegar á praia de Augasantas, onde estará instalada a meta e onde serán entregados os trofeos aos vencedores e vencedoras.
Ata o momento son 630 os anotados, aínda que a cifra pode medrar un pouco máis, dado que a inscrición se pecha na xornada de mañá, martes.
Desde o Concello agradecen “o apoio de todos os colaboradores para que un ano máis, e xa van oito, a media maratón entre Ribadeo e As Catedrais se poida celebrar. E sobre todo temos que dar as grazas ao voluntariado porque son moi importantes no percorrido e sen os voluntarios e as...
leer másO Concello de Cervo e o C.D. San Ciprián, coa colaboración do noso veciño e afeccionado ao pádel, Francisco García, organizan o I Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga do 20 ao 25 de setembro, ambos incluídos.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de setembro no teléfono 639 05 40 15.
Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 15 euros nunha categoría e de 25 euros en dúas categorías. O premio será material deportivo e haberá cadro de consolación en todas as categorías.
O torneo, tal e como explican desde o Concello, tamén servirá de escaparate para dar a coñecer as nosas instalacións a...
leer más