O Concello de Cervo abre o próximo o luns 19 de setembro o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais ofrecendo un amplo abanico de actividades, pensadas para todos os públicos.
Os pequenas e pequenas poderán asistir a actividade de multideporte, patinaxe artística, ximnasia rítmica, volei e balonman, esta última como novidade.
O concello sigue como cada ano con actividades pensadas para as persoas adultas que poderán anotarse a fit-dance, ioga, pilates ou ximnasia de mantemento; que se impartirán na Casa do Mar, en San Ciprián, e tamén no edifcio anexo ao Concello en Cervo.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura en horario de 09:00H a 15:00H e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.
Tamén se abre o prazo o próximo luns para os cursos de natación da temporada 2022-2023 tanto para infantil como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación e tamén se impartirán clases de Aquagym. As clases son de aforo limitado e o criterio de admisión fixarase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia os empadroados no Concello de Cervo.
As fichas de inscrición faranse de forma presencial na piscina municipal en horario de 09:00H a 15H:00 e de 16:00H a 22:00H.
As Escolas Deportivas Municipais de Cervo e os cursos de natación son unha mostra da aposta que dende o concello de Cervo se fai polo deporte, tal e como apuntou David Rodríguez; “ dende o concello entendemos que o deporte é unha actividade esencial na vida das persoas, por este motivo ofrecemos unha gran variedade de actividades tanto para adultos como para os máis pequenos ”.
Pola nosa banda –engadiu o alcalde, Alfonso Villares- “ traballamos intensamente para ofrecer este marco amplio de posibilidades para practicar deporte a toda a veciñanza co propósito de que o integremos no noso día a día, ademais de aproveitar as distintas instalacións deportivas e salas coas que conta o concello ”.
Polo que convidamos a todos, nenos, nenas e persoas adultas, a que formen parte das Escolas Deportivas Municipais e participen nos cursos de natación.